Co gallo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar o 7 de novembro, lembramos que tedes á vosa disposición o Punto Laranxa contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar.
Que é o Punto Laranxa?
O Punto Laranxa funciona como unha caixa de correo a través da cal calquera membro da comunidade escolar, desde o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso ou ciberacoso propias ou que sufran ou perciban en terceiras persoas.
Trátase dunha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
Onde está o Punto Laranxa?
Podedes atopar o Punto Laranxa no segundo andar ao carón do Departamento de Orientación. Tamén podedes achegar a vosa mensaxe a través do Punto Laranxa virtual nesta páxina web.
Non cales. Escoitámoste.