Actividades

Concurso de Felicitacións de Nadal 2015

NadalCrea unha felicitación de Nadal e participa no concurso! Contribúe a que todo o mundo teña unha para enviar! Hoxe en día a xente manda cada vez máis felicitacións a través do Facebook e do WhatsApp; mais aínda non hai moitas en galego.

Agora poderás crear a túa felicitación para participar no concurso e, ademais, para enviárllela a quen desexes e para que todo o mundo poida facer o mesmo con ela.

Atención: prazo ampliado até o día 16 de decembro!!

Tándem en galego

Gústache falar galego sobre temas de actualidade, cultura, ecoloxía, etc.? Queres mellorar o teu nivel de lingua e coñecer outras persoas? Podes axudar estudantes de galego que queren practicar o idioma? Ven falar con nós de modo informal! Esta é a primeira xuntanza do curso!

O mércores 11 de novembro de 2015 ás 17:30 no Salón de actos.

Organiza o Departamento de galego e o EDLG.

Síguenos en Facebook : tándem en galego

Magosto 2015

CastañeiraQue mellor ocasión para falar o galego e pasalo ben! Haberá castañas asadas… refráns, adiviñas, contos e cantigas.
Luns, 9 de novembro a partir das cinco do serán no aparcadoiro da EOI.
E se chove… que chova! (na aula de lectura).

Actividade organizada polo Departamento de Galego.

Magosto 2015

CastañeiraQue mellor ocasión para falar o galego e pasalo ben! Haberá castañas asadas… refráns, adiviñas, contos e cantigas.
Luns, 9 de novembro a partir das cinco do serán no aparcadoiro da EOI.
E se chove… que chova! (na aula de lectura).

Actividade organizada polo Departamento de Galego.

Exposición "Catalá: llengua d'Europa"

Exposición catalánUnha exposición organizada polo Departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya que mostra a vitalidade do catalán no marco das linguas de Europa.

13-25 de maio de 2015
Planta baixa da EOI
Organiza: EDLG e Departamento de Galego

Excursión a Campo Lameiro e Pontevedra

Campo LameiroDescubre a beleza dos nosos petróglifos e a riqueza da arte castrexa! Aprende a facer lume!
Nesta excursión imos visitar o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e o Museo de Pontevedra.

Aldolado: humor e poesía con María Lado e Lucía Aldao

Música en directo, historias, poemas, moito ritmo e moitohumor ! María Lado e Lucía Aldao manexan a poesía para provocar!
Este recital ameno, con moito ritmo interpela os espectadores con música, xogos, historias que rodean os poemas, momentos de reflexión.

Proxección das curtas gañadoras do Concurso CinEOI Coruña 2015

Venres 8 de maio ás 14:00 no Salón de actos.

Contaremos coa presenza das persoas participantes, alumnado e profesorado.

Organiza o Departamento de galego e o EDLG

Galegos e galegas de aquí e de acolá

Laureano AraujoConversa con Laureano Araujo (Berna- Suiza), profesor de alemán, tradutor, escritor, poeta. OS DÍAS CONDENADOS. FRAGMENTOS PARA UN DEVOCIONARIO é o título do seu primeiro libro de poemas editado (Xerais).

Mércores  6 de maio ás 20:00 na aula 13 da EOI en Vite.

Organiza o EDLG e o Departamento de galego.

Conversa con Cándido Pazó

Cándido Pazó dirixe a obra de teatro Xardín Suspenso co Centro Dramático Galego. Autor, director,de escena, narrador oral e actor, comeza a súa actividade profesional en 1975.

Distribuir contido