Cándido Pazó dirixe a obra de teatro Xardín Suspenso co Centro Dramático Galego. Autor, director,de escena, narrador oral e actor, comeza a súa actividade profesional en 1975. Complementa o seu autodidactismo cunha formación fragmentaria na que cabe destacar o seu contacto parisiense con Philippe Gaultier que marca claramente a súa poética e o seu concepto de posta en escena e a dirección de actores.
Logo dunha etapa de actor ou axudante de dirección en diversas compañías e no CDG, escribe, dirixe ou fai adaptacións para varias compañías. Traballou tamén como guionista de series televisivas como Pratos combinados ou Mareas vivas.
Ven de recibir o Premio de Honra da Mostra Internacional de Ribadavia.
Lugar: Salón de actos da EOI
Data: xoves 26 de marzo de 12:00 a 13:30 horas.
Organiza o Departamento de galego e o EDLG.