O martes 20 de febreiro ás 18:30 faranse públicas as músicas finalistas aRi[t]mar 2017/2018 e comezarán as votacións. Ademais no acto celebrado no salón de actos da EOI de Vite vanse entregar de 6 lotes de libros e CD correspondentes as votacións do certame aRi[t]mar 2016/2017.
Martes 20 de febreiro ás 18:30 na aula 8 da EOI de Vite
Co gallo da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Vigo, viaxaremos ao noso pasado medieval. Unha actividade divulgativa destinada a todo o alumnado da EOI. Será un achegamento á lírica medieval galego-portuguesa e aos códices manuscritos, especialmente ao Pergamiño Vindel.
Unha actividade destinada ao alumnado dos cursos de linguaxe administrativa galega na que se irán analizando, dentro do marco lexislativo actual, os dereitos e os deberes lingüísticos da cidadanía e do funcionariado.
O Centro Dramático Galego presenta Martes de Carnaval baixo a dirección de Marta Pazos. A compañía pública galega contribúe á incorporación de Ramón María del Valle-Inclán ao repertorio teatral en galego, no ano en que quedaron liberados os dereitos da súa obra, coa posta en escena de dúas pezas da triloxía Martes de Carnaval: As galas do defunto e A filla do capitán.
Podes ver todas as curtas de cinEOI 2017 neste enlace. Parabéns a todas as persoas que participaron no concurso!
Organiza o EDLG e o departamento de galego