Queres ir ao teatro?

Martes de CarnavalO Centro Dramático Galego presenta Martes de Carnaval baixo a dirección de Marta Pazos. A compañía pública galega contribúe á incorporación de Ramón María del Valle-Inclán ao repertorio teatral en galego, no ano en que quedaron liberados os dereitos da súa obra, coa posta en escena de dúas pezas da triloxía Martes de Carnaval: As galas do defunto e A filla do capitán.

Do 28 de xuño ao 16 de xullo 2017
De mércores a sábados ás 21:00h e domingos ás 19:30h
Encontros co público: xoves, ao finalizar a función

Podes reservar a túa entrada por 3 euros ao recoller un bono na conserxaría da escola.
http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/obra.php?id=cdg_obra9054&lg=gal

Organiza o EDLG e o departamento de galego