A cabeza da medusa, de Marilar Aleixandre. Encontro coa autora.
NOVA DATA E HORA! Mércores 14 de decembro ás 19:30h.
O xoves 15 de decembro de 2022 ás 18:00 horas na Biblioteca.
Paseo guiado pola historiadora Encarna Otero arredor do traballo das mulleres nos lavadoiros e nas fontes de Compostela.
Unha maneira fantástica de coñecer os oficios tradicionais, lugares con historia e o noso patrimonio!
Xoves, 5 de maio de 2022, ás 16.30 h. Punto de encontro: a entrada da Escola Oficial de Idiomas.
Para apuntarse hai que cubrir este formulario: https://forms.gle/QUTT87SzzPJVjnto6
Descubre a biodiversidade que te rodea con Ramsés Pérez, educador medioambiental da Asociación Pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Pasearemos desde a escola até o Sarela á descuberta da flora e da fauna.
O punto de encontro será a escola. Prazas limitadas con inscrición previa enchendo este formulario: https://forms.gle/GgiBWcnd9ymfFUCv6
Martes, 26 de abril de 2022 de 17:00 ás 19:00.
Actividade organizada polo Departamentos de Galego e o EDLG.
Apetéceche ir ao teatro? Tes desconto por seres estudante da EOI!!
Ofrecémosche unha idea fantástica para gozar por moi poucos cartos da cultura en galego e coñecer o traballo do Centro Dramático Galego. Todos os xoves durante as próximas catro semanas tes a oportunidade de asistir por só 3€ á representación d’A peste, unha peza teatral inspirada na novela de Albert Camus e dirixida por Cándido Pazó. Só tes que solicitar o teu bono de desconto en conserxes@eoisantiago.org e presentalo cando vaias mercar os billetes no portelo.
Todos os xoves ás 20:00h do 10 de febreiro ao 10 de marzo de 2022. Salón teatro e departamento de galego.
As ilustracións representan os 34 personaxes que constitúen as voces narrativas da novela Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero. Este proxecto forma parte dunha edición especial da novela. pola editora Através.
No primeiro andar da escola de Vite.
Organizan o Departamento de galego e o EDLG.
Un paseo guiado pola cidade arredor da novela e do seu autor.
Nesta visita guiada descubrirás a Compostela que Ricardo Carvalho Calero retratou na súa novela Scórpio. Ademais, coñeceremos os lugares que formaron parte da vida deste autor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas no 2020. Apúntate na conserxería e experimenta outra maneira de vivir a cidade e de gozar da cultura en galego!
Mércores, 15 de decembro de 2021 ás 17:30, punto de encontro: rúa Carreira do Conde núm. 4.
Organiza o departamento de galego.
Camila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou.
Mércores 12 de xaneiro de 2022 das 19:30 ás 20:30 no salón de actos (contacto ikerdudo@santiago.org).
Neste encontro Anxo Moure falará de cinema palleiriso, sostibilidade e cultura no rural.
Xoves 15 de abril de 2021 ás 16:30 en Webex.