Excursión a Campo Lameiro e Pontevedra

Campo LameiroDescubre a beleza dos nosos petróglifos e a riqueza da arte castrexa! Aprende a facer lume!
Nesta excursión imos visitar o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e o Museo de Pontevedra.

Itinerario: saída da EOI de Santiago – muíños de Caldas - Campo Lameiro – xantar (picnic) - Museo de Pontevedra – regreso.
Prezo: 18 euros (xantar, de picnic, non incluído)

Para inscribirse, contactar co profesorado de Galego ou con sabelag[arroba]eoisantiago.org.

23 de maio de 2015
Saída: ás 09.00 h da entrada da EOI
Regreso: ás 20.30 h na entrada da EOI
Organiza: Departamento de Galego e EDL