Secretaría
ADMISIÓN CURSO 2024-2025
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN |
DO 1 AO 20 DE MARZO
|
PRESENTRARASE UNHA ÚNICA SOLICITUDE (ED550B) ANEXO II +ANEXOII bis(Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e de consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora) ASINADA POR ÁMBOLOS DOUS PROXENITORES/AS // TITORES/AS LEGAIS no centro que se solicita en primeiro lugar do 1 AO 20 DE MARZO. (formulario normalizado ED550BORDE do 21 de outubro de 2022)
CÓDIGO CRA VILABOA: 36024495
As solicitudes de admisión cubriranse (Do 1 ao 20 de marzo) mediante o formulario normalizado (ED550B) a través da aplicación de xestión do proceso: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado e presentaranse:
A)
NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA: CUBRINDO A SOLICITUDE NA APLICACIÓNhttps://www.edu.xunta.es/admisionalumnado(precísase entrar na aplicación con CHAVE 365 ou certificado dixital) E PRESENTANDO E ASINANDO A SOLICITUDE NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA.
B)
NA SECRETARÍA DO CENTRO : IMPRESAS E ASINADAS CUBERTAS A MAN OU CUBERTAS PREVIAMENTE NA APLICACIÓN https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, IMPRESAS E ASINADAS.
Para formalización na Secretaría da Sede do CRA de Vilaboa CON CITA PREVIA
O formulario (ED550B) tamén será facilitado en papel gratuitamente e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación, así como na WEB http://centros.edu.xunta.es/cravilaboa e nos BLOGs das escolas.
è Xunto coa solicitude de admisión, achegarase copia do DNI do alumno/a ou copia da folla do libro de familia onde apareza, e copia do DNIs dos pais/titores legais. (De entregarse varias solicitudes perderanse tódolos dereitos de prioridade como figura na normativa citada). De presentarse electronicamente a solicitude, achegarase fotografía dos documentos como anexo coa solicitude na mesma sede electrónica, incluíndo o Anexo II e o ANEXO II bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e de consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora)debidamente asinado.
Os alumnos/as xa escolarizados noutros centros educativos, que presenten unha solicitude de admisión, teñen a obriga de comunicalo ao seu centro de orixe.
No caso hipotético de ter que baremar (habendo máis demanda de prazas que vacantes), o prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
As listaxes de admitidos e excluídos provisionais presentaranse antes do 25 de abril e as listaxes definitivas antes do 15 de maio de 2024.
O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de Xuño de 2024.
NORMATIVA REGULADORA
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550B).
RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
DOCUMENTACIÓN
- Instancia de Admisión cuberta en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ (Pode presentarse directamente na Sede Electrónica)
- Libro de familia.
- DNI do neno/a se o ten.
- Copia do DNI dos proxenitores.
- Permiso de Imaxe.
- Autorización mensaxería.
- Enquisa Lingua Materna
- Documento Relixión católica/Alternativa (valores).
- 2 fotografías tamaño carné (co nome do neno/a escrito no reverso)
- Copia do Boletín de Vacinas. (fotocopia ou copia escaneada remitida por whatsapp 618 55 45 94 ou mail cra.vilaboa@edu.xunta.gal)
- 2 Fotocopias da tarxeta de prestación sanitaria. (ou copia escaneada remitida por whatsapp 618 55 45 94 ou mail cra.vilaboa@edu.xunta.gal)
- No caso de que o neno padeza algunha enfermidade que a escola deba coñecer como a Epilepsia, Diabetes ou alerxias que poidan desencadear unha anafilaxia, deberase presentar un certificado médico ao respecto para incluír o neno no programa de Alerta escolar.
- Instancia Matrícula facilitada no centro para a súa sinatura.
Fase de reserva de praza 1º de educación primaria no centro de adscrición
Fase de reserva de praza 1º de educación primaria no centro de adscrición
ESCOLAS de BÉRTOLA, FIGUEIRIDO e PAREDES: CPI TOURAL
ESCOLAS de BARCIELA e POUSADA: CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR
De conformidade coa Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- O prazo de solicitudes de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.
PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de forma manual en papel ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital ou CHAVE 365, sendo esta a canle preferible de presentación.
1.Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/:
Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
2.Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
De entregarse en papel, entregaráselle na escola á titora, ou na sede do CRA (con cita previa 618554594)
A solicitude de reserva, deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado. DEBERÁ CONSTAR O CONSENTIMENTO EXPRESO DA OUTRA PERSOA PROXENITORA, TITORA OU ACOLLEDORA NO ANEXO DE COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR E CONSENTIMENTO (anexos I-bis, ).
INFORMACIÓN PARA CUBRIR A SOLICITUDE NA APLICACIÓN
CENTRO ACTUAL CRA PLURILINGÜE de VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ
CÓDIGO DE CENTRO 36024495
CENTRO DE ADSCRICIÓN CPI TOURAL
CÓDIGO DE CENTRO 36013588
CENTRO DE ADSCRICIÓN CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR
CÓDIGO DE CENTRO 36013588
Normativa de aplicación
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Poderán consultar na aplicación admisionalumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado a listaxe definitiva do alumnado con posto reservado utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A listaxe definitiva do alumnado con posto reservado publicarase o día 22 de febreIro.
As familias que non realicen á reserva de praza aos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2024.
A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.
PROCESO DE RENOVACIÓN DA COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2022
Segundo a RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos corresponde facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar procede neste caso renovar 1 representante do Claustro de mestres e mestras e dous representantes das familias , puidendo a ANPA designar directamente un destes dous representantes.
Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase ao efecto entre os días 23 e 29 de novembro, ambos os dous incluídos. Será responsabilidade da Xunta Electoral fixar a data definitiva das votacións, que probablemente se celebrará o martes día 29 de novembro de 2022.
A Xunta electoral estará formada pola directora, unha mestra/a e unha nai/pai elixidos en sorteo público.
Poden consultar o censo de familias en cada una das escolas.
Para poder constituír a Xunta electoral, entre os días 2 e 8 de novembro de 2022, procederase a un sorteo público o vindeiro xoves 27 de outubro ás 13:00 na Sede do CRA tal e como se informa na seguinte circular:
PROCESO DE SELECCIÓN DA DIRECCIÓN DO CENTRO. COMISIÓN DE SELECCIÓN E PROXECTOS PRESENTADOS.
Atendendo ao disposto na ORDE do 25 de marzo de 2022 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, a partir de mañá xoves día 28 de abril, unha vez rematado o prazo de presentación de proxectos de dirección, poderase consultar na sede do CRA en horario de secretaría e dirección a composición e representantes do claustro e consello escolar na comisión de selección e o proxecto/s presentado/s.
RESERVA DE PRAZA para 1º EDUCACIÓN PRIMARIA NO CPI TOURAL e CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR 2022
Fase de reserva de praza 1º de educación primaria no centro de adscrición
ESCOLAS de BÉRTOLA, FIGUEIRIDO e PAREDES: CPI TOURAL
ESCOLAS de BARCIELA e POUSADA: CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2022, ambos incluídos.
PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de forma manual en papel ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital ou CHAVE 365, sendo esta a canle preferible de presentación.
- 1) De entregarse en papel, entregaráselle na escola á titora, ou na sede do CRA (con cita previa 618554594)
ANEXO RESERVA DE PRAZA (GALEGO)
ANEXO RESERVA DE PRAZA (CASTELÁN)
- 2) De presentarse electronicamente na aplicación admisionalumnado , debe comprobarse que queda correctamente tramitada dende a aplicación a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, precisando para este trámite certificado dixital ou CHAVE 365. De presentala deste xeito non sería necesario entregala en papel no centro.
- RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN admisionalumnado : Solicitudes – Reserva – Crear
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
- CENTRO ACTUAL CRA PLURILINGÜE de VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ: CÓDIGO DE CENTRO 36024495
- CENTRO DE ADSCRICIÓN CPI TOURAL: CÓDIGO DE CENTRO36013588
- CENTRO DE ADSCRICIÓN CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR: CÓDIGO DE CENTRO36013588
Ámbalas dúas opcións (papel ou aplicación) son viables.
- A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 25 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso (CRA PLURILINGÜE DE VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ) ou na aplicación admisionalumnado.
Normativa de aplicación
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
As familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2022.
A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.
PROCESO DE RENOVACIÓN DA COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2021
Segundo a RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos corresponde facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar procede neste caso renovar 2 representantes do Claustro de mestres e mestras e a totalidade dos representantes das familias (3), puidendo a ANPA designar directamente un destes tres representantes.
Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase ao efecto entre os días 22 e 26 de novembro, ambos os dous incluídos. Será responsabilidade da Xunta Electoral fixar a data definitiva das votacións, que probablemente se celebrará o martes día 23 de novembro de 2021.
A Xunta electoral estará formada pola directora, unha mestra/a e unha nai/pai elixidos en sorteo público.
Poden consultar o censo de familias en cada una das escolas.
Para poder constituír a Xunta electoral, entre os días 2 e 5 de novembro de 2021, procederase a un sorteo público o vindeiro xoves 21 de outubro ás 13:00 na Sede do CRA tal e como se informa na seguinte circular:
INICIO DO CURSO LECTIVO 2021-2022
Actividade lectiva
1. En educación infantil as actividades lectivas comezarán o xoves 9 de setembro de 2021 e rematarán o 22 de xuño de 2022.
O alumnado de nova incorporación ( 4º EI- 3 anos) incorporarase a partir do venres 10 de setembro. O periodo de adaptación rematará o martes 21 de setembro. A partir do mércores 22 o horario lectivo será completo de 09:00 a 14:00.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 CRA PLURILINGÜE DE VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ NO CURSO 2021-2022
“PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19
CRA PLURILINGÜE DE VILABOA
CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ
NO CURSO 2021-2022”
PROTOCOLO ACTUALIZADO POLA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE: PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »