PROCESO DE RENOVACIÓN DA COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2021
Segundo a RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos corresponde facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar procede neste caso renovar 2 representantes do Claustro de mestres e mestras e a totalidade dos representantes das familias (3), puidendo a ANPA designar directamente un destes tres representantes.
Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase ao efecto entre os días 22 e 26 de novembro, ambos os dous incluídos. Será responsabilidade da Xunta Electoral fixar a data definitiva das votacións, que probablemente se celebrará o martes día 23 de novembro de 2021.
A Xunta electoral estará formada pola directora, unha mestra/a e unha nai/pai elixidos en sorteo público.
Poden consultar o censo de familias en cada una das escolas.
Para poder constituír a Xunta electoral, entre os días 2 e 5 de novembro de 2021, procederase a un sorteo público o vindeiro xoves 21 de outubro ás 13:00 na Sede do CRA tal e como se informa na seguinte circular: