BIBLIOCRA

BIBLIOCRA

Na sede do CRA está ubicada a BiblioCRA. O horario de atención ao público é os martes e xoves de 17:00 a 18:30.

No presente curso escolar 2021-22 incorporámonos ao PLAN de MELLORA de BIBLIOTECAS ESCOLARES.

O servicio de biblioteca está aberto ao préstamo para familias e alumnado. 

Podedes atopar o noso espazo IGUÁLA-T onde Brincacontos, a nosa mascota da Biblioteca, vos oferta distintas propostas para ler e educar en IGUALDADE.

 

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBibliotec=PEG007

O PASADO

 

O PRESENTE: A BIBLIOCRA -PREME NA IMAXE-

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ  (30 de xaneiro), e dado que neste curso estamos a investigar as nosas parroquias como un dos principais contextos de vida dos nenos e nenas (“ᐯIᒪᗩᗷOᗩᑌᑎᕼᗩᗷOᗩᐯIᒪᗩᑭOᖇᗪᗴᔕᑕᑌᗷᖇIᖇ“), Anxo Moure  viu narrar aos nenos e nenas do CRA o seu libro "Salgadiña. A estrela de Fisterra", adaptando o seu contido á realidade da nosa contorna “Salgadiña de Vilaboa”. Salgadiña tiña a encarga de parar as guerras sementando palabras, mais tamén era unha estrela fugaz á que se lle podían pedir desexos.

Logo da visita de Anxo Moure , inspirándonos na obra "AS FLORES DA PAZ" de Philip Stanton, decidimos crear unha flor de cinco pétalos. Cada pétalo representa unha das parroquias do noso Concello ( Bértola, Figueirido, San Martiño de Vilaboa-Paredes, Santa Cristina de Cobres-Barciela e San Adrián de Cobres- Pousada ) e no seu interior conteñen cantos rodados pintados polo alumnado do CRA da cor coa que máis identifican a súa parroquia. Estes cantos viaxaron ás casas e en familia escribiron os seus desexos e soños de paz para Salgadiña. As mensaxes foron chegando ás escolas e entre todos e todas analizamos o seu significado.

O 31 de xaneiro en cada unha das escolas do CRA conmemoramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ con esta intervención que rematará no último trimestre visitando a aula da natureza das Salinas para xuntar as pedras das cinco parroquias e así crear entre todos e todas unha única flor.

A obra representará a unión e solidariedade entre a veciñanza das diferentes parroquias. Por este motivo, decidimos emprazala nun lugar tan emblemático para o noso Concello como son as Salinas do Ulló.

 

SEMPRE VIVAS! DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa instalación artística "SEMPRE VIVAS" no concello.

A instalación toma como inspiración a obra "Zapatos Rojos" de Elina Chauvet.

Elina é unha arquitecta e artista visual mexicana. O seu proceso artístico vira en torno ao artivismo e ao feminismo. A súa obra é un símbolo internacional que promove a non violencia cara a muller.

Todas as nenas e nenos do CRA, logo de analizar desde a narrativa infantil co conto "Daniela Pirata" condutas negativas e violentas que sofren as mulleres e chegar á conclusión de que todas e todos somos iguais a través de diferentes dinámicas e propostas, achegaron un zapato da muller máis importante na súa vida que pintaron de vermello e no que plantaron semprevivas (planta suculenta eterna). Porque así queremos a todas as mulleres: SEMPRE VIVAS!

O día 25 de novembro todos os nenos e nenas que conforman o CRA acudiron ao concello para deixar os seus zapatos e conmemorar deste xeito tan especial un día tan sinalado.

Distribuir contido