Animación á lectura

SEMPRE VIVAS! DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa instalación artística "SEMPRE VIVAS" no concello.

A instalación toma como inspiración a obra "Zapatos Rojos" de Elina Chauvet.

Elina é unha arquitecta e artista visual mexicana. O seu proceso artístico vira en torno ao artivismo e ao feminismo. A súa obra é un símbolo internacional que promove a non violencia cara a muller.

Todas as nenas e nenos do CRA, logo de analizar desde a narrativa infantil co conto "Daniela Pirata" condutas negativas e violentas que sofren as mulleres e chegar á conclusión de que todas e todos somos iguais a través de diferentes dinámicas e propostas, achegaron un zapato da muller máis importante na súa vida que pintaron de vermello e no que plantaron semprevivas (planta suculenta eterna). Porque así queremos a todas as mulleres: SEMPRE VIVAS!

O día 25 de novembro todos os nenos e nenas que conforman o CRA acudiron ao concello para deixar os seus zapatos e conmemorar deste xeito tan especial un día tan sinalado.

Distribuir contido