Normalización e Dinamización Lingüística

CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ

 

Durante o curso escolar 2007-2008 recibimos información sobre a campaña “O Nome tamén educa. -Coeduquemos desde o Nome”. Tratábase de convidar a toda a comunidade educativa a pórlle ao centro escolar o nome dunha muller, especialmente o daquelas que estivesen vencelladas co entorno social do alumnado correspondente. 

Pasados dez anos desde que o noso centro foi nomeado como "Consuelo González Martínez " vémonos na necesidade de achegar á comunidade educativa, a biografía da veciña de Vilaboa homenaxeada.

 

Por que  Consuelo González Martínez

 

 Consuelo González Martínez foi quen de gardar no seu diario colleitas da tradición oral galega. Foi testemuña de acontecementos moi importantes na vida do noso país e nestes tempos de entrega colectiva á recuperación da memoria histórica tería moito que contar. Lectora incansable nun entorno moi pouco alfabetizado, interesouse por aprender e transmitir os seus coñecementos. Colaborou coas escolas contando contos e comunicando o seu saber a nenas e nenos, labor que lle foi recoñecido no C.E.P. Plurilingüe de Riomaior a través do Libro "Lembranzas" nun Homenaxe a Lelita, o seu nome familiar. Ela, como outras mulleres do noso entorno, é merecedora de prestar o seu nome a un centro educativo. Consuelo González  Martínez constitúe un símbolo da memoria feminina que serve de vínculo entre o seu pasado e o presente conformado polas nenas e nenos do nosos centro e crea así o futuro do noso pobo.

 

Grazas ao CEP Plurilingüe de Riomaior, podemos dar a coñecer a súa biografía e recompilación de textos de orixe popular.

 LEMBRANZAS

 
 
 
 

LETRAS GALEGAS 2021

 

PREMA NA IMAXE PARA MAIS INFORMACIÓN

 

ENTROIDO 2021: OS MANDADOS DO MECO

 Luns 8 de febreiro colares ou boas de MADAMAS

(Entroido de Cobres)

Martes 9 de febreiro  A Monca do BOTEIRO

(Entroido de Viana do Bolo)

Mércores 10 de febreiro Chocas ou campás dos FELOS, CIGARRÓNS, PELIQUEIROS, VOLANTES...

( Entroido de Maceda, Verín, Laza e Chantada)

Xoves 11 de febreiro  Vexiga de vaca -con globos- das PANTALLAS

(Entroido de Xinzo de Limia)

 

Equipo de dinamización da lingua galega
Equipo de ciclo de educación infantil 
Contratos programa 
#IGUÁLA-T
#EDUEMOCIONA

CANTOS DE REIS

CHEGOU DECEMBRO, E CON EL, O NADAL E O INVERNO

Deixámosvos a seguinte proposta dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega:

 

ANIMÁDEVOS!!

ESCOLA DE BARCIELA: escoladebarciela@gmail.com

ESCOLA DE BÉRTOLA: escolabertola@gmail.com

ESCOLA DE FIGUEIRIDO: escoladefigueirido@gmail.com

ESCOLA DE PAREDES: escoladeparedes@gmail.com

ESCOLA DE POUSADA: escoladepousada@gmail.com

MAGOSTO 2020

 

 

DEIXÁMOSVOS AS CONTAS DE CORREO DAS ESCOLAS PARA QUE ENVIEDES OS VÍDEOS:

escoladebarciela@gmail.com

escoladebertola@gmail.com

escoladefigueirido@gmail.com

escoladeparedes@gmail.com

escoladepousada@gmail.com

Distribuir contido