Secretaría
ADMISIÓN CURSO 2021 2022
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
CURSO 2021-2022
DO LUNS 1 AO LUNS 22 DE MARZO
As solicitudes de admisión cubriranse (Do 1 ao 22 de marzo) mediante o formulario normalizado (ED550B) a través da aplicación de xestión do proceso: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado e presentaranse:
NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (precísase CHAVE 365 ou certificado dixital)
NA SECRETARÍA DO CENTRO CON CITA PREVIA
TELÉFONO DE CITA PREVIA 618 554 594 (aténdese whatsapp)
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
Solicitude cuberta e asinada por ambos os dous nais/pais/titores legais.
Copia do DNI do/da menor ou folla do LIBRO de FAMILIA que acredite a súa idade.
Copia do DNI de ambos os dous nais/pais/titores legais.
Autorización publicación imaxe
Autorización mensaxería de whatsapp
Solicitude Relixión/Alternativa
RESERVA DE PRAZA para 1º EDUCACIÓN PRIMARIA NO CPI TOURAL e CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR 2021
Fase de reserva de praza 1º de educación primaria no centro de adscrición
ESCOLAS de BÉRTOLA, FIGUEIRIDO e PAREDES: CPI TOURAL
ESCOLAS de BARCIELA e POUSADA: CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de forma manual en papel ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital ou CHAVE 365, sendo esta a canle preferible de presentación.
- 1) De entregarse en papel, entregaráselle na escola á titora, ou na sede do CRA (con cita previa 618554594)
ANEXO RESERVA DE PRAZA (GALEGO)
ANEXO RESERVA DE PRAZA (CASTELÁN)
- 2) De presentarse electronicamente na aplicación admisionalumnado , debe comprobarse que queda correctamente tramitada dende a aplicación a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, precisando para este trámite certificado dixital ou CHAVE 365. De presentala deste xeito non sería necesario entregala en papel no centro.
RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN admisionalumnado : Solicitudes – Reserva – Crear
- CENTRO ACTUAL CRA PLURILINGÜE de VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ
- CÓDIGO DE CENTRO 36024495
- CENTRO DE ADSCRICIÓN CPI TOURAL
- CÓDIGO DE CENTRO 36013588
- CENTRO DE ADSCRICIÓN CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR
- CÓDIGO DE CENTRO 36013588
Ámbalas dúas opcións (papel ou aplicación) son viables.
- A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso (CRA PLURILINGÜE DE VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ) ou na aplicación admisionalumnado.
- As familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2021.
A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.
Normativa de aplicación
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
XUNTANZAS COAS FAMILIAS
XUNTANZAS COAS FAMILIAS
VIDEOCONFERENCIAS WEBEX 27-10-2020
HORARIO DAS XUNTANZAS:
16:30 ESCOLA DE BARCIELA
URL: https://meetingsemea22.webex.com/meet/pr1638675003
16:30 ESCOLA DE POUSADA
URL:https://meetingsemea30.webex.com/meet/pr1635863752
17:00 ESCOLA DE FIGUERIDO
URL: https://meetingsemea27.webex.com/join/pr1635763539
17:00 ESCOLA DE PAREDES
URL: https://meetingsemea30.webex.com/meet/pr1637204278
17:30 ESCOLA DE BÉRTOLA
URL: https://eduxunta.webex.com/join/fatimapeleteiro
PROCESO DE RENOVACIÓN DA COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2020
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR ADIADAS
VER RESOLUCIÓN POLA QUE DE ADÍAN AS ELECCIÓNS POR MOR DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA.
Segundo a RESOLUCIÓN de 25 de septiembre de 2018, conjunta de la Dirección General de Centros y Recursos Humanos y de la Dirección General de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por la que se establece el calendario para la celebración de elecciones de miembros de los consejos escolares de centros docentes sostenidos con fondos públicos corresponde facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar.
Procede nste caso renovar 2 representantes do Claustro de mestres e mestras e a totalidade dos representantes das familias (3), puidendo a ANPA designar directamente un de estes tres representantes.
Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase ao efecto entre os días 23 e 27 de novembro, ambos os dous incluídos. Será responsabilidade da Xunta Electoral fixar a data definitiva das votacións, que probablemente se celebrará o martes día 24 de novembro de 2020.
A Xunta electoral estará formada pola directora, unha mestra/a e unha nai/pai elixidos en sorteo público.
Para poder constituir a Xunta electoral, entre os días 2 e 5 de novembro, procederase a un sorteo público o vindeiro martes 20 de outubro ás 13:45 na escola de Bértola tal e como se informa na seguinte circular:
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19
“PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19
CRA PLURILINGÜE DE VILABOA
CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ
NO CURSO 2020-2021”
LISTAXE DE ADMITIDOS E PROCESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
Todas as solicitudes de admisión presentadas resultaron admitidas.
VER DE LISTAXE ADMITIDOS
A partir do 1 de xuño
Cita previa para entregar a documentación para a formalización de matrícula:
- Teléfono: 986 70 83 62 // 618 55 45 94
- Whatapp: 618554594
(Entregarase na SEDE DO CRA de VILABOA Toural nº 13)
DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
-
2 fotografías tamaño carné (co nome do neno/a escrito no reverso)
-
Copia do Boletín de Vacinas. (fotocopia o copia escaneada remitida por whatsapp 618 55 45 94 ou mail cra.vilaboa@edu.xunta.gal)
-
2 Fotocopias da tarxeta de prestación sanitaria. (ou copia escaneada remitida por whatsapp 618 55 45 94 ou mail cra.vilaboa@edu.xunta.gal)
-
Certificado médico de non padecer enfermidades infecto contaxiosas.
-
No caso de que o neno padeza algunha enfermidade que a escola deba coñecer como a Epilepsia, Diabete ou alerxias que poidan desencadear unha anafilaxia, deberase presentar tamén un certificado médico ao respecto para incluír o neno no programa de Alerta escolar.
- Instancia Matrícula facilitada no centro para a súa sinatura.(Estará preparada e cuberta xa polo centro para a súa sinatura)
CRISE SANITARIA COVID-19
Queridas familias:
Polo momento as escolas e a sede do CRA permanecerán pechadas por mor da prórroga do estado de alarma.
Estamos operativos de 09:00 a 14:00 a través do teléfono do centro:
986 70 83 62
618 55 45 94
Durante este tempo o profesorado traballará dende as súas casas. Somos conscientes de que é difícil non caer na tentación e abuso das pantallas, e por iso queremos contribuír.
A Nosa nube dixital ( http://escolasnanube.edu.xunta.es/vilaboa/index.php ) e o SYMBALOO PLURINFANTIL https://www.symbaloo.com/mix/plurinfantil https://www.symbaloo.com/mix/plurinfantilii e AUDICIÓN E LINGUAXE https://www.symbaloo.com/mix/audicionelinguaxenaca encheranse de propostas .
Como alternativa ás pantallas cada semana o profesorado fará propostas vivenciais a través dos blogs:
http://aescoladebarciela.blogspot.com
http://escoladebertolavilaboa.blogspot.com
https://aescoladefigueirido-ana.blogspot.com
http://aescoladeparedes.blogspot.com
http://pousadaescola.blogspot.com
https://psicomotricidadenorural.blogspot.com
Trátase de tarefas voluntarias.
Gustaríanos que nos enviedes unha imaxe/collage ou pequeno vídeo de cada unha das propostas. Iremos subindo as imaxes recibidas ás redes sociais e servirán para facer unha publicación semanal no blog de cada escola con todas as recibidas. Entendemos que sodes conscientes de que unha única imaxe/colllage ou pequeno vídeo de cada unha das propostas ao teléfono do centro (618 55 45 94) é suficiente.
Compartiremos as vosas imaxes a través dos BLOGS das escolas e as nosas páxinas de Facebook CRA de Vilaboa. Consuelo González Martínez e Instagram @cravilaboa
Podedes empregar igualmente os nosos correos electrónicos:
cra.vilaboa@edu.xunta.gal
vilaboa.cra@gmail.com
escoladepousada@gmail.com
escolabertola@gmail.com
Compartiremos as vosas imaxes a través dos BLOGS das escolas e as nosas páxinas de Facebook CRA de Vilaboa. Consuelo González Martínez e Instagram @cravilaboa
Un saúdo de todas as mestras e mestres. Moito ánimo!
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
PENDENTE DE VISTO E PRACE DA INSPECCIÓN EDUCATIVA.