Fase de reserva de praza 1º de educación primaria no centro de adscrición
Fase de reserva de praza 1º de educación primaria no centro de adscrición
ESCOLAS de BÉRTOLA, FIGUEIRIDO e PAREDES: CPI TOURAL
ESCOLAS de BARCIELA e POUSADA: CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR
De conformidade coa Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- O prazo de solicitudes de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.
PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de forma manual en papel ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital ou CHAVE 365, sendo esta a canle preferible de presentación.
1.Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/:
Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
2.Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
De entregarse en papel, entregaráselle na escola á titora, ou na sede do CRA (con cita previa 618554594)
A solicitude de reserva, deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado. DEBERÁ CONSTAR O CONSENTIMENTO EXPRESO DA OUTRA PERSOA PROXENITORA, TITORA OU ACOLLEDORA NO ANEXO DE COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR E CONSENTIMENTO (anexos I-bis, ).
INFORMACIÓN PARA CUBRIR A SOLICITUDE NA APLICACIÓN
CENTRO ACTUAL CRA PLURILINGÜE de VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ
CÓDIGO DE CENTRO 36024495
CENTRO DE ADSCRICIÓN CPI TOURAL
CÓDIGO DE CENTRO 36013588
CENTRO DE ADSCRICIÓN CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR
CÓDIGO DE CENTRO 36013588
Normativa de aplicación
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Poderán consultar na aplicación admisionalumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado a listaxe definitiva do alumnado con posto reservado utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A listaxe definitiva do alumnado con posto reservado publicarase o día 22 de febreIro.
As familias que non realicen á reserva de praza aos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2024.
A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.