PROCESO DE SELECCIÓN DA DIRECCIÓN DO CENTRO. COMISIÓN DE SELECCIÓN E PROXECTOS PRESENTADOS.
Atendendo ao disposto na ORDE do 25 de marzo de 2022 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, a partir de mañá xoves día 28 de abril, unha vez rematado o prazo de presentación de proxectos de dirección, poderase consultar na sede do CRA en horario de secretaría e dirección a composición e representantes do claustro e consello escolar na comisión de selección e o proxecto/s presentado/s.