RESERVA DE PRAZA para 1º EDUCACIÓN PRIMARIA NO CPI TOURAL e CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR 2022
Fase de reserva de praza 1º de educación primaria no centro de adscrición
ESCOLAS de BÉRTOLA, FIGUEIRIDO e PAREDES: CPI TOURAL
ESCOLAS de BARCIELA e POUSADA: CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2022, ambos incluídos.
PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de forma manual en papel ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital ou CHAVE 365, sendo esta a canle preferible de presentación.
- 1) De entregarse en papel, entregaráselle na escola á titora, ou na sede do CRA (con cita previa 618554594)
ANEXO RESERVA DE PRAZA (GALEGO)
ANEXO RESERVA DE PRAZA (CASTELÁN)
- 2) De presentarse electronicamente na aplicación admisionalumnado , debe comprobarse que queda correctamente tramitada dende a aplicación a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, precisando para este trámite certificado dixital ou CHAVE 365. De presentala deste xeito non sería necesario entregala en papel no centro.
- RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN admisionalumnado : Solicitudes – Reserva – Crear
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
- CENTRO ACTUAL CRA PLURILINGÜE de VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ: CÓDIGO DE CENTRO 36024495
- CENTRO DE ADSCRICIÓN CPI TOURAL: CÓDIGO DE CENTRO36013588
- CENTRO DE ADSCRICIÓN CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR: CÓDIGO DE CENTRO36013588
Ámbalas dúas opcións (papel ou aplicación) son viables.
- A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 25 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso (CRA PLURILINGÜE DE VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ) ou na aplicación admisionalumnado.
Normativa de aplicación
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
As familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2022.
A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550A-C.pdf | 1.33 MB |
ED550A-G.pdf | 1.33 MB |