Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

OLIMPIADAS

Noa, Teo, Silvia, Mía e Valeria gañaron polo Entroido dous concursos, o premio quixérono compartir cos seus amigos, MIL GRACIAS DE PARTE DE TODOS.

E  GRACIAS as súas mamis por organizar un día tan espectacular.

Pasámolo en grande, mirade as fotos e o comprobaredes.


Imaxe de Monica

VENRES DE EXCURSIÓN

O venres saímos a coñecer a contorna próxima. A primeira parada, o Castelo de Vimianzo, no que coñecemos da man dunha princesa como se vivía naquela época, tanto no castelo como ao redor del. Continuamos a nosa viaxe cara os Batáns de Mosquetíns, primeiro merendamos e cando xa tíñamos forza vimos como os muíños aproveitan a forza da auga para moer o trigo. A última parada foi as Torres do Allo, o que mais nos chamou a atención do pazo foi o inmenso xardín cheo de árbores e flores. Sobre todo o un abeto no que nos poidemos agachar entre as súas polas.

Aínda que tivemos pouco tempo para disfrutar destes tres marabillosos lugares pasámolo moi ben e permitiunos coñecer parte dos nosos antepasados.


Imaxe de Monica

CUMPLE ADRI

Onte Adri cumpliu 6 anos e hoxe celebrámolo na escola cunha festa. Esperamos que a disfrutases e che gustasen as palabras bonitas coas que te agasallaron os teus amigos/as.

MOITAS FELICIDADES!


Imaxe de Monica

Semana do Libro

Seguimos disfrutando da semana do libro. Hoxe fixemos o momento do conto no patio, primeiro conteilles un dos que trouxeron para compartir cos compañeiros/as. Logo, foi o momento deles, sós ou en parellas escolleron un libro da biblioteca e un sitio no patio. Co conto entre as mans deixaron voar a súa imaxinación.

Ao entrar na aula, Sorpresa!! Tiñan un agasallo, o arcoiris de Waldorf. Para quen non o coñeza, este xoguete artesanal invita a través da imaxinación e da creatividade á construcción e o xogo simbólico permitindo a adquisición de aspectos  sensoriais, as formas e as cores, o equilibrio, a destreza, a coordinación, a lóxica... Encantoulles!!


Imaxe de Monica

SALÓN DO LIBRO

Onte visitamos o Salón do Libro onde vimos a exposición dos traballos realizados polo alumnado de todos os centros de Carballo. Este ano o título foi "Mulleres de Conto". As escolas do CRA adicámoslle a nosa exposición as mulleres que nos roderan a diario, representando nun acetato os nosos sentimentos cara elas.

Ademáis, disfrutamos coa actuación do grupo Migallas e sobre todo con dúas das cancións coas que nos deleitaron "Dime que fixeches" e "O esquelete" xa que as coñecíamos de cantalas na escola.

Mirade:


Distribuir contido


by Dr. Radut