Skip to Content

VENRES DE EXCURSIÓN

Imaxe de Monica

O venres saímos a coñecer a contorna próxima. A primeira parada, o Castelo de Vimianzo, no que coñecemos da man dunha princesa como se vivía naquela época, tanto no castelo como ao redor del. Continuamos a nosa viaxe cara os Batáns de Mosquetíns, primeiro merendamos e cando xa tíñamos forza vimos como os muíños aproveitan a forza da auga para moer o trigo. A última parada foi as Torres do Allo, o que mais nos chamou a atención do pazo foi o inmenso xardín cheo de árbores e flores. Sobre todo o un abeto no que nos poidemos agachar entre as súas polas.

Aínda que tivemos pouco tempo para disfrutar destes tres marabillosos lugares pasámolo moi ben e permitiunos coñecer parte dos nosos antepasados.




blog | by Dr. Radut