Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

AVESPA VELUTINA

 

En colaboración co Concello de Carballo hoxe visitounos un experto neste insecto do que aprendimos moitas cousas. Falamos sobre os niños, a importancia de loitar contra eles e elaboramos unha trampa para as avespas. Unha colgámola no patio da  escola e cada peque levou a súa para casa. Só lle falta botar dentro algo dulce como zume ou unha mezcla a partes iguais de viño e cervexa.

Imaxe de Monica

HORTO

Onte, por fin, o tempo deixonos ir ao horto. Tivemos que preparar a terra de novo xa que crecera a herba. Despois de preparala platamos repolos. Aprendimos canto espacio tíñamos que deixar entre un e outro para que teñan o espazo suficiente para medrar e como utilizar o plantador para colocar a planta de xeito correcto. Fixemolo xenial!!!

 


Imaxe de Monica

CUMPLE MANU

O domingo Manu fixo 4 anos e onte celebrámolo na escola cunha festiña.

MOITAS FELICIDADES PIRULO!

 


Imaxe de Monica

NOVA TEMÁTICA

Como sabedes este trimestretraballaremos sobre os DINOSAUROS. Xurdiron na aula diversos temas dos que querían investigar, levámolos a votación e os enormes largartos terribles foron os que máis votos acadaron. Os outros temas propostos polos peques foron: vehículos, animais de África, o mar e os insectos.

Comezamos escribindo unha notiña ás familias para pedirlles colaboración.

A aula xa se empeza a encher de cousas relacionadas coa temática.

Moitas grazas a todos!

 

Imaxe de Monica

BOLAS DE HIDROGEL

Esta semana a profe Amelia trouxonos unhas boliñas pequenas e duras. Díxonos que tíñamos que metelas en auga para que ocurrise algo. Pero, que creedes que pode ocurrir?

- Javi: "Van a cambiar a auga"

- Teo: "Se derriten as bolas e cambia de cor a auga".

- Noa F.: "o mesmo que Teo"

- Xabi: "Non sei".

- Valeria: "A auga cambia de cor e as bolas van a desaparecer"

- Silvia: "Cambia de cor a auga".

- Darío: "Cambian de cor as bolas".

-Izan: "As bolas desapareceran"

- Hugo: "Que a auga cambia de cor".

- Adri: "As pinturas das bolas mezclaránse"

- Bruno: "Crecen as bolas"

Ao día seguinte vimos que as bolas creceran e agora eran blandiñas. Aproveitaremos as bolas para realizar actividades de relaxación, de trasvase de sólidos, de lectoescritura...

Grazas Amelia!

Distribuir contido


by Dr. Radut