Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

RESUMO DALGUNHA DAS ACTIVIDADES QUE LEVAMOS FEITAS SOBRE OS DINOS

 

Este segundo trimestre comezamos un novo proxecto. Para comezar pregunteilles que temas eran os que lles interesaban. Entre todos os que propuxeron (insectos, animais de África, vehículos, dinosauros e o mar) votamos. O resultado xa o coñecedes.


Para empezar a recompliar información pedimos axuda ás familias escribíndolles unha carta:

E tantos dinos chegaron a escola que lles fixemos un sitiño na aula recreando a época:

Ademáis dos dinos e libros informativos sobre o tema que aportáchedes, Valeria trouxonos un oviño de dinosauro para cada un cunha carta que nos explicaba como tíñamos que axudar a mamá dinosauria para coidar dos seus oviños.

 


 
E esta semana recibimos unha visita moi especial, Paeolontólogas que nos axudaron e elaborar un fósil de ovo de dinosauro:
 
 


Grazas ós libros dos dinos que temos na escola soubemos que os paeolontólogos despois de excavar recubrían os osos en xeso para que non rompesen e se conservasen ata trasladalos o seu lugar de traballo onde os estudian. Así fixemos cos fósiles que fixemos coas mamás no taller. 
 
 

 
E agora tócanos investigar sobre eses dinos que temos recubertos en xeso. Estade atentos!!!
 
MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
Imaxe de Monica

MECO

Entre o xoves e o venres estivemos preparando o noso Meco particular, enrrugamos papel de periódico para encher o buzo e buscamos cousas na caixa dos disfraces para completalo. O seu primeiro mandato para mañá é:

SE O LUNS TE QUERES DIVERTIR

O TEU PESCOZO HAS DE VESTIR

Mirade que gracioso:

Imaxe de Monica

CUMPLE MARÍA

O mércores María cumpliu 4 anos, menuda chica máis maior!!! E para celebralo fixémoslle unha festiña na escola. Esperamos que a disfrutases!!!

MOITOS PARABÉNS PITUFA!!

 



Imaxe de Monica

SABE CUMPLIU 4 ANOS

O domingo estivo de cumple a nosa amiga Sabela e hoxe celebrámolo na escola cunha festiña. De agasallo unha caixiña chea de palabras bonitas dos seus compis. Esperamos que disfrutases do teu día na escola.

MOITAS FELICIDADES!!

 


Imaxe de Monica

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Na escola de Berdillo todos os días son días de Paz. Sen embargo hoxe o noso calendario marcabao como Día para celebrar por iso na escola realizamos diversas actividades.

- Escoitamos e bailamos a CANCIÓN de Jesus Pareja "De que che vale".

- Vimos un CURTOMETRAXE relacionado.

-  Cada neno colocou as pedras decoradas para formar entre todos o SÍMBOLO DA PAZ. Moitas grazas as familias pola vosa colaboración

- Entre todas as escolas do CRA elaboramos o DICCIONARIO DA PAZ. Pronto teremos o resultado final pero nas fotos xa podes ver as letriñas que tivemos que elaborar na nosa aula.

 

Mirade, mirade:

 


Distribuir contido


by Dr. Radut