Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

RESUMO DALGUNHA DAS ACTIVIDADES QUE LEVAMOS FEITAS SOBRE OS DINOS

Imaxe de Monica

 

Este segundo trimestre comezamos un novo proxecto. Para comezar pregunteilles que temas eran os que lles interesaban. Entre todos os que propuxeron (insectos, animais de África, vehículos, dinosauros e o mar) votamos. O resultado xa o coñecedes.


Para empezar a recompliar información pedimos axuda ás familias escribíndolles unha carta:

E tantos dinos chegaron a escola que lles fixemos un sitiño na aula recreando a época:

Ademáis dos dinos e libros informativos sobre o tema que aportáchedes, Valeria trouxonos un oviño de dinosauro para cada un cunha carta que nos explicaba como tíñamos que axudar a mamá dinosauria para coidar dos seus oviños.

 


 
E esta semana recibimos unha visita moi especial, Paeolontólogas que nos axudaron e elaborar un fósil de ovo de dinosauro:
 
 


Grazas ós libros dos dinos que temos na escola soubemos que os paeolontólogos despois de excavar recubrían os osos en xeso para que non rompesen e se conservasen ata trasladalos o seu lugar de traballo onde os estudian. Así fixemos cos fósiles que fixemos coas mamás no taller. 
 
 

 
E agora tócanos investigar sobre eses dinos que temos recubertos en xeso. Estade atentos!!!
 
MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


blog | by Dr. Radut