Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

TERRIBLES LAGARTOS

Esta semana rematamos cos Dinosauros, terminamos con moita pena, os peques querían seguir pero o tema xa non daba moito máis de sí.  Xa son uns verdadeiros expertos nestes enormes animais.

Deixovos un pequeno resumo das actividades que fixemos na escola e o dosier explicativo das mesmas.

Mirade:


Imaxe de Monica

DÍA EMOCIONANTE

Para rematar o segundo trimestre celebramos o DÍA EMOCIONANTE cos nenos e nenas da escola de Artes. Durante a xornada levamos a cabo diferentes actividades. Comezamos con propostas de aprendizaxe nas dúas aulas nas que os peques compartiron momentos e xogos.

Continuamos cunha asamblea:  presentámonos e falamos do xogo que máis nos gustara da sesión anterior.

Seguimos coa merenda na que creamos con alimentos saudables caras con distintas emocións, ademais tamén fixemos pinchos de froita.

Xa na última parte da mañá disfrutamos en gran grupo co conto "De que cor é un bico?". Continuamos facendo dous equipos, corazóns e estrelas, para pasar polas dúas últimas actividades propostas para a xornada. Os corazóns comenzaron expresando nun acetado con distintos materiais (cola con colorante, papel celofán e rotus permanetes) aquilo que lles inspiraba o conto lido mentras que as estrelas, na outra aula, disfrutaban de contos e dun robot (escornabot) que debían dirixir por riba do panel á emoción que lles tocara na tarxeta.

Mirade que ben o pasamos:

 


Imaxe de Monica

CAMPO DE FLORES

Dimos a benvida a Primavera cun Taller de Arte do libro Diviértete de Hervé Tullet. Precisamos témperas de moitos cores, papel continuo e espazo suficiente para que os artistas puidesen moverse ao redor do papel atendento as indicacións dadas: pintamos un puntito, cambiamos de sitio, un punto máis grande, agora unha mancha, un círculo, puntos arredor do círculo, manchas dentro dos puntos... Os peques cambiaban de sitio despois de realizar cada instrucción.

Os puntos, as manchas, os círculos... convertíronse en fermosas flores pintándolles os tallos e as follas. 

Ademáis tamén estamos preparando a nosa mesa estacional da primavera, veremos o resultado á volta das vacacións.

Mirade que chulo quedou:

 

 



Imaxe de Monica

TÉCNICA DE ESTAMPACIÓN

A semana pasada coñecimos unha nova técnica de estampación con cartón de papel hixiénico, de fixo, de papel de cociña e ademais tamén empregamos algodón. Tamaños, cores, diámetros, espazos...

 



Imaxe de Monica

8 DE MARZO

Onte e hoxe estivemos falando de todas esas mulleres (mamis, tías, avoas, veciñas...) que temos ao noso redor e teñen superpoderes. Eles mesmos dicían, superpoderes para coidalos, para facerlles a comida, para xogar, para deixalos durmir na súa casa, para facerlles un biscoito... Cada un escolleu a unha e falou dela, explicounos porque era a súa supermuller!!!

Quixemos agradecerlles todo iso cun relagiño: unha medalla e un retrato.

Ademáis, para completar o día coñecimos a unha PALEONTÓLOGA, MARY ANNING, muller destacada entre outras cousas por ser a primeira que atopou un fósil enteiro dun ictosaurio sendo unha nena de 12 anos. Aproveitamos para buscar información nos libros da biblioteca sobre este réptil mariño e aprender curiosidades del.

 


Distribuir contido


by Dr. Radut