Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

DÍA EMOCIONANTE

Imaxe de Monica

Para rematar o segundo trimestre celebramos o DÍA EMOCIONANTE cos nenos e nenas da escola de Artes. Durante a xornada levamos a cabo diferentes actividades. Comezamos con propostas de aprendizaxe nas dúas aulas nas que os peques compartiron momentos e xogos.

Continuamos cunha asamblea:  presentámonos e falamos do xogo que máis nos gustara da sesión anterior.

Seguimos coa merenda na que creamos con alimentos saudables caras con distintas emocións, ademais tamén fixemos pinchos de froita.

Xa na última parte da mañá disfrutamos en gran grupo co conto "De que cor é un bico?". Continuamos facendo dous equipos, corazóns e estrelas, para pasar polas dúas últimas actividades propostas para a xornada. Os corazóns comenzaron expresando nun acetado con distintos materiais (cola con colorante, papel celofán e rotus permanetes) aquilo que lles inspiraba o conto lido mentras que as estrelas, na outra aula, disfrutaban de contos e dun robot (escornabot) que debían dirixir por riba do panel á emoción que lles tocara na tarxeta.

Mirade que ben o pasamos:

 




blog | by Dr. Radut