Skip to Content

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

OUTONO

Durante os últimos días os peques trouxeron unha morea de follas de castiñeiro, carballo, nogal...: ulímos, tocamos, clasificamos, contamos, buscamos no "Inventario das árbores" (Editorial Kalandraka) a súa árbore coñecendo así as súas caracteristicas...

Con elas tamén fixemos un adorno para encher unha das nosas ventanas de cor outono. Tanto lles gustou a actividade e o chula que quedou a ventá que pediron facer máis para os outros cristais.

 

 

Imaxe de Monica

PARABÉNS MARTA E LUCÍA

Seguimos dando voltas ao redor do sol. Esta vez foi o tuno de Marta e Lucía que o domingo fixeron 3 aniños!! 

Con que graza explicaron as fotos en cada unha das voltas!!

MOITAS FELICIDADES CHICAS!!!


Imaxe de Monica

MAZORCAS...

Estas últimas semanas estivemos debullando millo. Esta actividade axúdanos a mellorar a nosa motricidade fina pero ademais traballamos contidos relacionados co coñecemento do contorno (partes da planta, características,vocabulario..), de lóxica (contamos as follas que esfollamos, miramos e clasificamos por tamaños, ordenamos a secuencia para obter a fariña...), de linguaxe musical e corporal (cantamos e dramatizamos a canción "Pan de Millo")...

Seguiremos traballando!!


Imaxe de Monica

PODEMOS PECHAR UNHA PIÑA?

Esta semana atopámonos con esta proposta:

 

Primeiro observamos as piñas, vimos como estaban ( a maioría abertas), tocámoas, ulímoas...

Os que saben ler enseguida dixeron o que poñía o cartel e comezamos a falar sobre a pregunta:

-Noa: Con auga

-Zaida: Con auga

-Mónica: Por qué con auga?

-Zaida: Porque sí

-Noa: Porque hai un cubo con auga.

-Izan: Con pegamento

-Xabi: botamos a auga que hai no cubo (mentras a intenta pechar facendo forza coas mans).

Como solo podíamos empregar os elementos que tíñamos na alfombra botámoslle auga:

 

Deixei que experimentaran con elas (Noa dalle a volta a unha das piñas para mollala toda, Sofía fai o mesmo porque se non só se pechara por un lado...).

Esperamos un ratiño e observamos como o lado que está en contacto coa auga xa está un pouco cerrada pero decidimos esperar o día seguinte para comprobar se se pechaban de todo e esto foi o que nos atopamos:

 

As piñas completamente pechadas!!! 

Expliqueilles que as semillas das piñas (das que nacerán novas árbores) crecen no interior e son as escamas as encargadas de protexelas. Mentras éstas crecen, as escamas das piñas permanecen pechadas varios años. Cando están maduras e o día está seco a piña ábrese e deixa sair as semillas para que o vento as esparza. Os días chuviosos as escamas péchanse para que estas non caigan xa que a terra moi mollada non permitirá que creza.

Aproveitamos a actividade para buscar no álbum ilustrado "Inventario das árbores" a árbore que da as piñas que como moi ben dixeron Sofía, Noa e Manu chámase piñeiro. Limos cousiñas sobre el.

Abrirán as piñas fora da auga? Comprobarémolo esta semana!

 

 

 

Imaxe de Monica

PARABENS XIAN!!

O 28 de setembro celebramos o primeiro cumple do curso, Xian cumplía 3 aniños.

Este ano celebramos os cumples seguindo ás escolas Montessori que axudará aos peques a interiorizar o paso do tempo: os meses, as estacións, o movemento da terra arredor do sol...

Comezamos a rutina poñendo o mural no chan (podedes velo no vídeo) e sentámonos arredor del, prendemos a vela (simulando a luz do sol) e o neno que está de cumple colócase no mes que naceu coa bola do mundo na man. A dinámica consiste en que dé tantas voltas ao sol como anos cumple. En cada unha desas voltas enseñamos unha foto do neno/a (de cando tiña esa idade) e contará algo dese momento (por exemplo: "dixen a miña primeira palabra" "naceu o meu irmá"...).

Antes deste ritual o cumpleañero pintará o seu lienzo (cada neno ten o seu exposto na aula a espera de que chegue o seu día) mentras lle cantamos o "Parabens para ti". Este será o agasallo que leve para casa como recordo do seu cumple na escola.

Continuamos soprando a vela e comendo o biscoito.

Se queredes ver como o facemos mirade o vídeo do cumple de Xian:

MOITAS FELICIDADES!!!


Distribuir contido


by Dr. Radut