Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

PODEMOS PECHAR UNHA PIÑA?

Imaxe de Monica

Esta semana atopámonos con esta proposta:

 

Primeiro observamos as piñas, vimos como estaban ( a maioría abertas), tocámoas, ulímoas...

Os que saben ler enseguida dixeron o que poñía o cartel e comezamos a falar sobre a pregunta:

-Noa: Con auga

-Zaida: Con auga

-Mónica: Por qué con auga?

-Zaida: Porque sí

-Noa: Porque hai un cubo con auga.

-Izan: Con pegamento

-Xabi: botamos a auga que hai no cubo (mentras a intenta pechar facendo forza coas mans).

Como solo podíamos empregar os elementos que tíñamos na alfombra botámoslle auga:

 

Deixei que experimentaran con elas (Noa dalle a volta a unha das piñas para mollala toda, Sofía fai o mesmo porque se non só se pechara por un lado...).

Esperamos un ratiño e observamos como o lado que está en contacto coa auga xa está un pouco cerrada pero decidimos esperar o día seguinte para comprobar se se pechaban de todo e esto foi o que nos atopamos:

 

As piñas completamente pechadas!!! 

Expliqueilles que as semillas das piñas (das que nacerán novas árbores) crecen no interior e son as escamas as encargadas de protexelas. Mentras éstas crecen, as escamas das piñas permanecen pechadas varios años. Cando están maduras e o día está seco a piña ábrese e deixa sair as semillas para que o vento as esparza. Os días chuviosos as escamas péchanse para que estas non caigan xa que a terra moi mollada non permitirá que creza.

Aproveitamos a actividade para buscar no álbum ilustrado "Inventario das árbores" a árbore que da as piñas que como moi ben dixeron Sofía, Noa e Manu chámase piñeiro. Limos cousiñas sobre el.

Abrirán as piñas fora da auga? Comprobarémolo esta semana!

 

 

 



blog | by Dr. Radut