Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

DA A A Z EN GALEGO

Este curso estamos elaborando un abecedario especial, nel reflectimos o bonita que é a nosa terra!! É un traballo grupal na que os nenos/as acordan e repartense as tareas: pensan a palabra (as veces precisan axuda para que sexa algo que represente a Galiza), póñense de acordo para ver quen escribe a palabra, como poden representala (debuxo, colaxe...)...

Auga/Area/Árbore, Eucalito, Illa, Ourizo/Orballo, Uvas, Batea, Castelo (de Vimianzo), Dolmen (Dombate), Faro, Gaivota, Horto...

 

 

Imaxe de Monica

UNHA NOVA COMPAÑEIRA NO PATIO

Hoxe no patio atopamos un insecto que non coñecíamos. Aproveitando o interese dos nenos/as buscamos en internet de que animal se trataba: "Unha COCHINILLA" 

Primeiro observámolo para despois ler a información:

- Con el elaborase colorante que empregamos na cociña.

- Os machos teñen ás e as femias non (volvimos a observalo para saber se o noso era macho ou femia).

- As femias teñen unha bolsiña pequeniña, como os sacos dos canguros.

- Aliméntase da savia das plantas nas que vive (aprendimos este novo termo).

Algúns querían invitalo a pasar a aula para telo con nós, xa lle estaban botando herba e incluso Mario dixo que iba a por auga pero chegamos a conclusión que onde mellor podía estar era onde o atopou Xabi.

 

Imaxe de Monica

PROPOSTAS DE APRENDIZAXE

Así comezamos a xornada na escola. A primeira sesión da mañá dedicámoslla a traballar autonomamente polas propostas de aprendizaxe onde os nenos/as deciden cal/cales facer atendendo os seus intereses. Cada luns presentamos propostas novas que vanse modificando, engadindo ou eliminando ao longo da semana.

Algunhas desta semana son:

- Asociamos número-cantidade.

- Creamos Mandalas con elementos do outono.

- Lectoescritura na mesa de luz: composición de palabras, grafía...

- Motricidade fina: cada tuerca co seu tornillo.

- Figuras xeométricas e motricidade fina. 

- Observación elementos naturais

- Lectoescritura: formamos o nome de froitas carnosas.

- Crebacabezas

- Soplo: trasvase de pompóns dun cuenco a outro aspirando pola palla.

- Lóxica matemática (conteo/correspondencia/suma): tiramos o/os dado/s, facemos unha torre con tantos elementos como puntiños. Despois representámola en papel.

- Construccións

- Lóxica (conteo/ tamaños): Cantas pedras hai? Orenámoas por tamaños.

Farei máis entradas sobre este momento da xornada en vindeiras semanas.

 

Imaxe de Monica

MAGOSTO

 

Aquí tedes un breve resumo do día de hoxe na escola de cances: xogos populares, degustación de castañas, queima dos medos e entrega de agasallos.

Pasámolo en grande:

 


Imaxe de Monica

TERROR NA ESCOLA!

A escola de Berdillo encheuse de cabazas, bruxas, morcegos, vampiros… Terroríficamente guapos chegaron os peques para disfrutar da xornada:



Antes da rutina da merenda fixemos unha asemblea para falar dos nosos medos, conversamos sobre como tíñamos que actuar ante eles para que día a día se fagan mais pequeniños e non no lo fagan pasar mal. Debuxamos o noso medo para queimar no magosto.

 

Para merendar tocoulles preparar a merenda, unha pizza momia!!  Que ben o fixeron, puxeron o tomate, cortaron o queixo e a aceituna (encantoulles empregar o coitelo), colocárono enriba do pan e para o forno. 



Despois do recreo limos o conto “A miña amiga a escuridade”, xa que é un medo de moitos dos nenos/as da escola. Mentres a protagonista do conto xoga, a escuridade entra a través da fiestra do seu cuarto. A nena non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando. 

Así que nós tamén bailamos e xogamos con ela: baixamos persianas, apagamos luz, puxemos música e... a bailar coa escuridade.

Distribuir contido


by Dr. Radut