Skip to Content

Actividades biblio

A BIBLIOTECA DE RABUÑOSO EN TWITTER

Consulta as actividades da biblio, así como novidades, avisos, axenda cultural... no noso Twitter:  https://twitter.com/cra_meis

ABRIMOS A BIBLIOTECA!

LABORATORIO DE IDEAS - EPISODIO 1

PROGRAMA NO QUE AS NOSAS CREADORAS E CREADORES PRESENTAN INVENTOS QUE REVOLUCIONARÁN O MUNDO!

calendario xuntanzas

COMEZAMOS XUNTANZAS!! Aquí tedes o calendario deste primeiro trimestre.

Rabu fauna

SUSPENDIDO o Pícnic Literario

Sentíndoo moito, temos que suspender o Pícnic Literario deste venres 21 de abril. Consultados varios servizos meteorolóxicos, todos dan probabilidade de chuvia. Aínda que o groso da borrasca chagaría a partir das 15:00, xa pode comezar a chover ás 12:00 ou incluso antes. Ante a imposibilidade de resgardar aos nenos alí, e a perigosidade dos cables e aparatos eléctricos da actuación musical se chovera, vémonos na obriga de tomar esta decisión. Polo tanto, este venres 21 os nenos e nenas acudirán cada un/ha á súa escola como de costume. Intentaremos celebrar o noso Pícnic Literario en vindeiras datas, do cal vos iremos informando. Grazas.  

28 de marzo. Xornada de convivencia "Meis limpo e sostible"

O martes 28 de marzo celebraremos unha xornada de convivencia que chamamos "Meis limpo e sostible" e que está organizada pola empresa de recollida de residuos Valoriza, o Concello de Meis, a Mancomunidade do Salnés e o CRA de Meis. Ás primeiras horas teremos un contacontos a cargo de Anxo Moure, merenda e xogo. E a partir das 11:30 invitamos ás familias e a todo o que lle interese a que participe con nós desta xornada. Contaremos coa presenza da alcaldesa, e a continuación pasaremos a unha pequena charla e un obradoiro sobre reciclaxe a cargo de Valoriza. Ademais virá un camión do lixo para que o alumnado vexa como funciona. Todas estas actividades terán lugar na Praza de España.

 

RABUÑOSO NO ENTROIDO RIBEIRAO

Rabuñoso invítanos a facer unha nova investigación dende o Entroido Ribeirao, onde están a celebrar o domingo lambedoiro: Como celebrarían o Entroido os nosos maiores aquí en Meis? Mandádenos vídeos ou audios contándonolo, mandádenos fotos, facede debuxos... ou mellor aínda, animádevos a vir a Rabu Radio contárnolo! Agardamos as vosas historias!

https://www.youtube.com/watch?v=X8lHOglJoO0

Distribuir contido


by Dr. Radut