Skip to Content

28 de marzo. Xornada de convivencia "Meis limpo e sostible"

O martes 28 de marzo celebraremos unha xornada de convivencia que chamamos "Meis limpo e sostible" e que está organizada pola empresa de recollida de residuos Valoriza, o Concello de Meis, a Mancomunidade do Salnés e o CRA de Meis. Ás primeiras horas teremos un contacontos a cargo de Anxo Moure, merenda e xogo. E a partir das 11:30 invitamos ás familias e a todo o que lle interese a que participe con nós desta xornada. Contaremos coa presenza da alcaldesa, e a continuación pasaremos a unha pequena charla e un obradoiro sobre reciclaxe a cargo de Valoriza. Ademais virá un camión do lixo para que o alumnado vexa como funciona. Todas estas actividades terán lugar na Praza de España.

 



page | by Dr. Radut