Skip to Content

Proxecto Ríos

15 - Día da árbore

15 - Día da árbore

 

 

https://go.ivoox.com/sq/2417924

 

Neste novo programa de RabuRadio as nenas e os nenos de Xuntanzas cóntannos que foron plantar árbores a Portapisón e que visitaron a casa de Máxica

DÍA DA ÁRBORE 2024

Hoxe celebramos o Día da Árbore nunha preciosa xornada xunto as nosas compañeiras e compañeiros do CPI Mosteiro-Meis e o Cole da Armenteira . Plantamos moitísimas novas árbores (ata 70) así como gozamos da fermosura, da sombra, do acoubillo e dos recursos das que foron plantadas polos nosos devanceiros neste precioso paraxe de Porta Pisón. Graciñas aos Axentes Forestais, á Comunidade de Montes, ao Concello de Meis, así como aos coles que nos acompañaron nesta xornada. Música: Magín Blanco - Cores (A nena e o Grilo).

 

POLO RIO ABAIXO - OS XENERAIS DO ULLA

Despois de parar en Cobres e bailar coas madamas e galáns, os nosos tres aventureiros seguen a percorrer Galicia na súa chalana, descubrindo os segredos dalgúns dos entroidos máis senlleiros. Hoxe chegan á zona do Ulla onde cambiarán a chalana polo cabalo, serán quen de batarse en atranques cos xenerais? Amplía a información nos seguintes enlaces: https://www.youtube.com/watch?v=AGApbD6iUVM

POLO RIO ABAIXO - ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA

Despois de parar en Cobres e bailar coas madamas e galáns, os nosos tres aventureiros seguen a percorrer Galicia na súa chalana, descubrindo os segredos dalgúns dos entroidos máis senlleiros. En Xinzo de Limia os nosos aventureiros porán a proba a súa destreza e tamén a súa velocidade escapando das ruidosas pantallas. Máis información no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=-L3cyoQFbnEhttps://www.youtube.com/watch?v=v5188fQiN7g

POLO RÍO ABAIXO: O ENTROIDO DE VIANA DO BOLO

Despois de parar en Cobres e bailar coas madamas e galáns, os nosos tres aventureiros seguen a percorrer Galicia na súa chalana, descubrindo os segredos dalgúns dos entroidos máis senlleiros. O estrondo dos folións achégaos ata a fermosa Viana do Bolo, onde Máxica, Naturizo e Rabuñoso alucinan co Boteiro e os seus chimpos! Guapo, guapo non é, pero pega uns chimpos... Amplía a túa información nos seguintes enlaces: https://www.youtube.com/watch?v=EW54WQstfnohttps://www.youtube.com/watch?v=qShyeAv8GCUhttps://www.youtube.com/watch?v=DXzhsRXgSC0

POLO RÍO ABAIXO - O ENTROIDO RIBEIRAO

Despois de parar en Cobres e bailar coas madamas e galáns, os nosos tres aventureiros seguen a percorrer Galicia na súa chalana, descubrindo os segredos dalgúns dos entroidos máis senlleiros. Hoxe chegan a Santiago de Arriba, no concello de chantada, onde se atoparán cos volantes e os seus ancestrais bailes, os galopíns dos maragatos e o impresionante e colorido pucho. Amplía a información nos seguintes enlaces: https://www.youtube.com/watch?v=LsPtdr3wZcI https://www.youtube.com/watch?v=U23H5qrXQ1U

POLO RÍO ABAIXO: O ENTROIDO DE COBRES

https://youtu.be/UbERino-Hkc

Novo episodio de Polo río abaixo, onde os nosos aventureiros seguen a percorrer a xeografía galega no seu barquiño. Desta volta acaban navegando ata Vilaboa onde se atoparán con unha festa moi especial.

Polo río abaixo

 

Rabu retoma as súas aventuras este novo curso! Nunha visita á Escola do Río de Porta Pisón atópase cunha extraña personaxe que o embarcará a el e a Máxica nunha nova misión, e onde ben seguro que a axuda do alumnado do CRA será fundamental. Con este vídeo damos comezo ao proxecto documental integrado este ano, un proxecto que estará estreitamente vinculado ao Proxecto Ríos, un proxecto intercentros entre o CPI Mosteiro, o CEIP de Armenteira, o CIFP Portovello e o CRA de Meis.

Distribuir contido


by Dr. Radut