Skip to Content

DÍA DA ÁRBORE 2024

Hoxe celebramos o Día da Árbore nunha preciosa xornada xunto as nosas compañeiras e compañeiros do CPI Mosteiro-Meis e o Cole da Armenteira . Plantamos moitísimas novas árbores (ata 70) así como gozamos da fermosura, da sombra, do acoubillo e dos recursos das que foron plantadas polos nosos devanceiros neste precioso paraxe de Porta Pisón. Graciñas aos Axentes Forestais, á Comunidade de Montes, ao Concello de Meis, así como aos coles que nos acompañaron nesta xornada. Música: Magín Blanco - Cores (A nena e o Grilo).

 



page | by Dr. Radut