Skip to Content

Actividades Complementarias

A DEVESA DAS RAPIÑAS

NON PODEMOS ESTUDAR AS AVES SEN FACER UNHA SAÍDA A VER ALGUNHA MÁIS DAS QUE VEMOS NA NOSA CONTORNA, POLO QUE  COLLEMOS O BUS E SAÍMOS DE EXCURSIÓN Á "DEVESA DAS RAPIÑAS".

ALÍ PASAMOS UNHA MAÑÁ MOI INSTRUTIVA E DIVERTIDA, VIMOS MOITAS AVES DE RAPIÑA: DIFERENTES TIPOS DE ÁGUIAS,  FALCÓNS, VOITRES, MOUCHOS, BUFOS, E OUTRAS QUE NON ERAN DE RAPIÑA, COMO A CEGOÑA.

FIXEMOS UN DESCANSIÑO PARA MERENDAR, E LOGO LLE DEMOS A MERENDA A UN VOITRE E MESMO NOS SOBREVOOU AS CABEZAS.

MIRADE, MIRADE!

 


EXCURSIÓN A DEVESA DAS RAPIÑAS 24 - Kizoa Movie Maker

DÍA DA ÁRBORE 2024

Hoxe celebramos o Día da Árbore nunha preciosa xornada xunto as nosas compañeiras e compañeiros do CPI Mosteiro-Meis e o Cole da Armenteira . Plantamos moitísimas novas árbores (ata 70) así como gozamos da fermosura, da sombra, do acoubillo e dos recursos das que foron plantadas polos nosos devanceiros neste precioso paraxe de Porta Pisón. Graciñas aos Axentes Forestais, á Comunidade de Montes, ao Concello de Meis, así como aos coles que nos acompañaron nesta xornada. Música: Magín Blanco - Cores (A nena e o Grilo).

 

28 de marzo. Xornada de convivencia "Meis limpo e sostible"

O martes 28 de marzo celebraremos unha xornada de convivencia que chamamos "Meis limpo e sostible" e que está organizada pola empresa de recollida de residuos Valoriza, o Concello de Meis, a Mancomunidade do Salnés e o CRA de Meis. Ás primeiras horas teremos un contacontos a cargo de Anxo Moure, merenda e xogo. E a partir das 11:30 invitamos ás familias e a todo o que lle interese a que participe con nós desta xornada. Contaremos coa presenza da alcaldesa, e a continuación pasaremos a unha pequena charla e un obradoiro sobre reciclaxe a cargo de Valoriza. Ademais virá un camión do lixo para que o alumnado vexa como funciona. Todas estas actividades terán lugar na Praza de España.

 

Magosto-Samaín 2021

SAMAÍN 2020

Samaín 2020

http://www.edu.xunta.gal/centros/crameis/system/files/Nota%20Sama%C3%ADn%202020_2.pdf

 

VISITA AO MERCADO E AO MUSEO DE PONTEVEDRA

Visita a Pontevedra coa picaraxada de Xuntanzas onde puideron desfrutar de ver, cheirar e mesmo escoitar os fresquísimos produtos do mercado, así como gozar da obra de Leopoldo Nóvoa no Museo de Pontevedra.

Graciñas mil a Félix e ás tendeiras e tendeiros do mercado pola súa amabilidade, así coma ás compañeiras do museo por levarnos ao apaixonante universo de Nóvoa.

Distribuir contido


by Dr. Radut