Skip to Content

Matrícula

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO QUE PASA A PRIMARIA. CURSO 2024-25

         Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas do 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 15 de marzo de 2013)modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro de 2017) informamos que:

   

1-Ábrese o prazo para que o alumnado do CRA de Meis que pasa a 1º de Primaria poida reservar praza no centro que temos adscrito, neste caso, o CPI de Mosteiro. 

 

 2-O período de reserva de praza abarca do 15 de xaneiro ao 5 de Febreiro(non se admitirán reservas fora de prazo)

 

3-A documentación (ANEXO 1) debe entregarse na escola na que o alumno/a está escolarizado ou na Sede do CRA de Meis en horario de 9:00-14:00h. Ademais, poderase xerar a solicitude a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

  -O alumnado que non reserve praza no centro que temos adscrito (CPI de Mosteiro) deberá comunicarllo á dirección do CRA de Meis e esperar ao prazo ordinario de admisión (1-20 de marzo)

-Se se reserva praza no centro que temos adscrito, non é posible presentar solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no CPI de Mosteiro e antes de que comece o prazo de admisión.

 

Para máis información ou calquera dúbida podedes chamar a dirección do centro no teléfono 886 151 390

LISTAXE DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2023/24

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2023-2024, comunícase que TÓDALAS SOLICITUDES RESULTARON ADMITIDAS

A LISTA DO ALUMNADO ADMITIDO PODERASE CONSULTAR NA SEDE DO CRA CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 886.15.13.90

Resultado de imaxes para lista

ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2024/25

Nenos e nenas nacidos durante o ano 2021

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de matrícula para o novo alumnado.

 

**A normativa que regula dito proceso é a seguinte:

-Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

-Orde do 21 de outubro de 2022. 

 

**INSTRUCIÓNS: É NECESARIO TRAER OS ORIXINAIS PARA COTEXAR

-Cubrir na aplicación admisionalumnado o formulario normalizado (ED550B) a través do menú Solicitudes-Admisión-Crear unha solicitude de admisión. Imprimir dito formulario e entregalo no centro educativo asinado por ambos proxenitores en cadanseu apartado.

***Este formulario tamén podedes pedilo nas escolas ou descargalo aquí.

-Copia do DNI do neno/a, no caso de non telo poderase aportar copia do libro de familia na que aparece inscrito o neno/a.

-Copia do DNI de ambos proxenitores.

-Copia do Libro de Vacinas.

-Copia da tarxeta sanitaria.

-1 Foto actual, tamaño carné.

 

**NO CASO DE QUE O NENO PADEZA ALGUNHA ENFERMIDADE QUE A ESCOLA DEBA  COÑECER COMO A EPILEPSIA, DIABETE OU  ALERXIAS QUE POIDAN DESENCADEAR UNHA ANAFILAXIA, DEBERASE PRESENTAR TAMÉN UN CERTIFICADO MÉDICO AO RESPECTO PARA INCLUÍR O NENO  NO PROGRAMA DE ALERTA ESCOLAR.

**CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN XUDICIAL DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, SE É O CASO.

**TER COÑECEMENTO DE SE O NENO/A  VAI TER RELIXIÓN OU ALTERNATIVA.

 

**IMPORTANTE:

-Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza como primeira opción,  non podendo presentar outras solicitudes noutros centros.

-Prazos para a entrega da documentación: 1-20 de marzo (ambos inclusive) na sede do CRA de Meis, en San Lourenzo. 

-Horarios para a entrega de documentación:

Luns: 9:00-10:00/11:00-12:00

Martes: 9:00-14:00/16:00-19:00

Mércores: 9:00-11:00/13:00-14:00

Xoves: 9:00/12:00

Venres: 9:00-12:00

 

-Publicación da lista de admitidos na web e nos taboleiros das escolas: Antes do 15 de maio. 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Un ano máis abrimos as portas das nosas escolas a tódalas familias que queirades coñecer o noso colexio.

Amais, todas aquelas familias que teñades crizanzas nacidas no ano 2021 e que están en idade de matricularse para iniciar 4º de infantil o vindeiro curso, ou aquelas aínda non escolarizadas, tedes a oportunidade de coñecer os espazos, recursos e ao profesorado das escolas, que vos explicarán dende a nosa metodoloxía a calquera cuestión ou dúbida que necesitedes resolver. Agardámosvos!

Informar que o período de admisión de matrículas será do 1 ao 20 de marzo.

VACANTES PARA O CURSO 2024/25

LISTAXE DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022/23

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2022-2023, comunícase que TÓDALAS SOLICITUDES RESULTARON ADMITIDAS

A LISTA DO ALUMNADO ADMITIDO PODERASE CONSULTAR NA SEDE DO CRA CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 886.15.13.90

Resultado de imaxes para lista

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES CURSO 2022/23

  NOTA: De non cubrirse as prazas reservadas para NEAE (Nenos con necesidades específicas de apoio educativo) serán adxudicadas ao resto do alumnado solicitante. 

ESCOLA VACANTES N.E.A.E. TOTAL
SAN LOURENZO  6 9
PARADELA  9 12
SAN MARTIÑO  11 14 
O MARCO  10 13
SAN VICENTE  9 12 
SAN TOMÉ 1  9 12
SAN TOMÉ 2  8 11

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Distribuir contido


by Dr. Radut