Nenos e nenas nacidos durante o ano 2021
Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de matrícula para o novo alumnado.
**A normativa que regula dito proceso é a seguinte:
-Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.
-Orde do 21 de outubro de 2022.
**INSTRUCIÓNS: É NECESARIO TRAER OS ORIXINAIS PARA COTEXAR
-Cubrir na aplicación admisionalumnado o formulario normalizado (ED550B) a través do menú Solicitudes-Admisión-Crear unha solicitude de admisión. Imprimir dito formulario e entregalo no centro educativo asinado por ambos proxenitores en cadanseu apartado.
***Este formulario tamén podedes pedilo nas escolas ou descargalo aquí.
-Copia do DNI do neno/a, no caso de non telo poderase aportar copia do libro de familia na que aparece inscrito o neno/a.
-Copia do DNI de ambos proxenitores.
-Copia do Libro de Vacinas.
-Copia da tarxeta sanitaria.
-1 Foto actual, tamaño carné.
**NO CASO DE QUE O NENO PADEZA ALGUNHA ENFERMIDADE QUE A ESCOLA DEBA COÑECER COMO A EPILEPSIA, DIABETE OU ALERXIAS QUE POIDAN DESENCADEAR UNHA ANAFILAXIA, DEBERASE PRESENTAR TAMÉN UN CERTIFICADO MÉDICO AO RESPECTO PARA INCLUÍR O NENO NO PROGRAMA DE ALERTA ESCOLAR.
**CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN XUDICIAL DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, SE É O CASO.
**TER COÑECEMENTO DE SE O NENO/A VAI TER RELIXIÓN OU ALTERNATIVA.
**IMPORTANTE:
-Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza como primeira opción, non podendo presentar outras solicitudes noutros centros.
-Prazos para a entrega da documentación: 1-20 de marzo (ambos inclusive) na sede do CRA de Meis, en San Lourenzo.
-Horarios para a entrega de documentación:
Luns: 9:00-10:00/11:00-12:00
Martes: 9:00-14:00/16:00-19:00
Mércores: 9:00-11:00/13:00-14:00
Xoves: 9:00/12:00
Venres: 9:00-12:00
-Publicación da lista de admitidos na web e nos taboleiros das escolas: Antes do 15 de maio.