Un ano máis abrimos as portas das nosas escolas a tódalas familias que queirades coñecer o noso colexio.
Amais, todas aquelas familias que teñades crizanzas nacidas no ano 2021 e que están en idade de matricularse para iniciar 4º de infantil o vindeiro curso, ou aquelas aínda non escolarizadas, tedes a oportunidade de coñecer os espazos, recursos e ao profesorado das escolas, que vos explicarán dende a nosa metodoloxía a calquera cuestión ou dúbida que necesitedes resolver. Agardámosvos!
Informar que o período de admisión de matrículas será do 1 ao 20 de marzo.