Skip to Content

Actividades biblio

Contacontos de Samaín

CONTÁDESNOS UN CONTO?

Dende o luns 24 ao xoves 27

 

LECTURA E FAMILIAS: CRISTINA NOVOA

Continuamos co programa "Lectura e Familias" e desta vez da man de Cristina Novoa que nos falará de lectura e crianzas, unha actividade destinada a estimular o gusto pola mediación lectora entre adultos responsables das crianzas, no contexto familiar. A actividade terá lugar o xoves 5 de maio na escola de Paradela, en horario de 17:00 a 18:30h. Agardámosvos!

Recordade que haberá persoal para encargarse das crianzas.

 

PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS

Comezamos co programa de Lectura e Familias, e quen mellor que Paula Carballeira para falarnos da importancia da lectura e dos aspectos máis relevantes á hora de contar unha historia.

ENTREVISTA A XELA ARIAS

Atopamos un vello VHS na biblioteca de Rabuñoso, unha entrevista a XELA ARIAS! Mais mágoa, o video estaba estropeado e só puidemos ver algunhas pequenas partes.

Por sorte, grazas o traballo de investigación dos nenos e nenas de 6º e grazas a Máxica, que puido reconstruír o video no seu laboratorio cos cachiños de entrevista que había en cada escola, agora podemos desfrutar da entrevista ao completo e coñecer máis aspectos da súa vida e obra.

 

https://youtu.be/NZsYtKFySK8

 

(Graciñas á nosa "Xela" por prestarse a este enredo).

A COUSA DA FRAGA

CON ESTE VIDEO DO NOSO RABUÑOSO E O SEU NOVO AMIGO COMEZAMOS O PDI SOBRE OS ANIMAIS

POSTAIS DE NADAL 2020 PARA RABUÑOSO E MÁXICA

Máxica e Rabuñoso quedaron tan impresionados coas postais de Nadal que lles mandastes, que quixeron que as colgaramos nas paredes da biblioteca, para que todo o mundo que vaia poida apreciar as vosas obras de arte. Vide velas á volta das vacacións! Grazas aos nenos e ás nenas do CRA, e tamén ás familias! Aquí vos deixamos algunhas fotiños:

 

Lembrade que no noso PINTEREST podedes ver os libros novos que se van mercando para a biblio, e outros moitos máis que xa temos de antes. Tamén os libros para nais e pais, que as familias poden levar en préstamo para casa. 

E non esquezades que tamén temos TWITTER!

Bo nadal!!

POSTAIS DE NADAL

Hai uns anos, os nenos e as nenas do CRA deseñaron na casa unhas postais chulísimas para felicitar o Nadal e o Aninovo a Rabuñoso. Mirade que bonitas quedaran:

Este curso queremos retomar esta actividade tan fermosa. Para iso levades unha cartolina branca que podedes dobrar en forma de postal ou deixala enteira, e debuxar nela, pintar, decorar como vos guste, recortar, pegar... E deixar unha mensaxe para Rabuñoso, ou tamén para Máxica, para os vosos compañeiros e profes...

Despois expoñeremos todas as postais na biblioteca, para que as poidades ver cada vez que vaiades coller contos os mércores pola tarde (16:00-18:00).

Bo Nadal a todo o alumnado e familias do CRA de Meis!!

FUME, unha curta colaborativa de Magosto

 

Fume é unha curta colaborativa argallada para crear un relato entre tódalas escolas do CRA, co fin ultimo de poder celebrar o Magosto todos xuntos este ano, como viña sendo habitual, e na que non podía faltar unha adaptación teatral dalgún dos nosos contos favoritos! Desta volta con Rabuñoso e Máxica como protagonistas e co noso alumnado como peza fundamental na resolución da trama.

Este Magosto quixemos homenaxear a aqueles contos que representamos en anos pasados (A bruxa regañadentes, A figueira de Pelos Tortos, O Papón, Corre, corre cabaciña...) tan significativos para as nosas nenas e nenos do CRA.

Distribuir contido


by Dr. Radut