Skip to Content

Actividades biblio

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2017

Celebramos o día da biblioteca escolar dramatizando os nosos contos favoritos.

ESCOLA DE SAN TOMÉ 1: "A FIGUEIRA DE PELOS TORTOS"


ESCOLA DO MARCO: "COMO MOLA A TÚA VASOIRA"

ESCOLA DE SAN TOMÉ 2: "A BRUXA REGAÑADENTES"

ESCOLA DE SAN MARTIÑO: "O GRÚFALO"

ESCOLA DE SAN LOURENZO: "FORA DE AQUÍ HORRIBLE MONSTRO VERDE"

ESCOLA DE PARADELA: "UNHA PANTASMA CON ASMA"

ESCOLA DE SAN VICENTE: "CANDO CHEGA A SEÑORA OUTONO"

CONTOS EN VÍDEO CON CÓDIGOS QR

Vide á biblioteca de Rabuñoso, e escaneade os códigos QR para ver os vídeos dos contos representados polos nenos e nenas do CRA de Meis!!

 

 

COMEZAMOS COA ARTE...

 

Este ano o noso proxecto do cole xira en torno a arte e comezamos traballando o día do punto co libro "El punto". O resultado foi espectacular!!

Letras Galegas 2017

Celebramos o día das letras galegas representando a obra de teatro de Carlos Casares "A Galiña Azul". Grazas ás familias que fixeron posible esta actividade!

Proxecto "A Prehistoria"

Este ano adicamos o segundo e o terceiro trimestre deste curso a traballar a Prehistoria, aprendimos moitíiiiisimas cousas!!! Encantounos!!

 

ATOPAMOS UN ÓSO!

Proxecto da Prehistoria e Semana da Prensa.

Lembrades cando atopamos un óso en Xuntanzas??

 

Os fillos de Rabuñoso invaden as nosas aulas!

Este curso chegaron a tódalas aulas do CRA os fillos do noso querido Rabuñoso. Estamos encantados coa sua presencia nas aulas!!! O mellor de todo é que podemos levalos para a nosa casa e pasar con eles un fin de semana estupendo. A actividade resultou todo un éxito grazas a participación das familias.

GRAZAS Ó CEIP VALLE INCLÁN POR ENSINARNOS TANTO!!

O pasado 26 de maio realizamos unha saída moi especial, fomos ó CEIP Valle Inclán do Grove. Alí, tanto mestres coma alumnos, tratáronnos de marabilla!! O alumnado de sexto de primaria ensinounos a súa horta ecolóxica e tamén aprendeunos a facer compostaxe. Para rematar a xornada realizamos un baile con monitores e todo!! Pasámolo moi ben!!!

Esta actividade foi posible grazas a coordinación dos equipos de biblioteca de ambos centros. Quedamos encantados e de seguro que volveremos a colaborar xuntos!! Dende aquí darlle as grazas ó CEIP Valle Inclán por acollernos tan ben e organizarnos estas actividades tan lúdicas e motivadoras! 

 

 

BLOG DO CEIP VALLE INCLÁN: http://valleinclanbiblioteca.blogspot.com.es/2017/05/o-alumnado-do-cra-de-meis-aprende-con.html

Distribuir contido


by Dr. Radut