Skip to Content

Actividades biblio

LIBRO DOURADO

Dende comezo de curso traballamos moitísimo o Proxecto da Arte coa axuda do noso Libro Dourado e de Rabuñoso. Grazas a todas as familias pola vosa colaboración, sen vós non se podería chegar a tan bo resultado!

INAUGURACIÓN DA ESCOLA DO RÍO

 

 

O alumnado de Xuntanzas rematamos a nosa laboura no Proxecto Ríos coa gran inauguración da Escola do Río mañá en Porta Pisón!

Gran experiencia a deste ano cos compañeiros do CPI Mosteiro-Meis e do CIFP Portovello de Ourense, así como moi de agradecer a colaboración da Comunidade de Montes de San Tomé e do Concello de Meis, pola súa implicación en facer realidade a restauración e posta en marcha deste espazo tamén como aula da natureza.

 

 

FAMILIAS ESTADES CONVIDADAS A PARTICIPAR! Se tedes dúbidas de como chegar, mirade o vídeo:

Letras en familia.

 

Que fantástica mañá pasamos! Graciñas a todos os que fixestes desta xornada unha data especial, ao Concello de Meis e ao seu persoal pola súa colaboración, a Agro Vilanoviña e a Comercial Reyvi por cedernos material para a obra de teatro máis os xogos, ao Refuxio de Animais de Cambados por unha experiencia única e sobre todo, a vós, FAMILIAS: quenes sodes capaces de convertirvos en actrices, directores, deseñadores de decorados, de vestiario, arquitectos... incluso de por uns instantes, de convertervos outra vez en nenos. Foi fantástico escoitar os risos de pequenos e maiores enchendo a Praza de España.

Grazas aos que non poden participar pero colaborades igualmente, tanto co voso esforzo coma cos azos que nos dades en continuar a facer estas actividades que, por outra banda, sen vós, sería imposible. Grazas por confiar no CRA e por seguir mantendo moi vivo o ensino no rural.

II Picnic Literario

Unha xornada moi especial para conmemorar o Día do Libro: compartimos lecturas coas nosas familias, xogamos a búsqueda do tesouro para atopar os nosos contos preferidos, merendamos rica froita, camiñamos pola beira do río e para rematar contamos coa actuación musical de Migallas.

Coñecendo a Maruja Mallo na Semana da Prensa

 

EU CANTAR, CANTAR, CANTEI

Polo Día de Rosalía cantamos esta versión dun dos seus poemas. E para celebrar o Día da Poesía, os rapaces e rapazas de 5 anos recitárona, un verso cada un, para lograr recompoñela entre todas. Ademais, é a propia Rosalía (a que nenos e nenas deseñaron) a que fala, coa voz dos cativos. 

 

IMPROVISACIÓNS SOBRE LENZO 2

Charla sobre Educación Emocional

Distribuir contido


by Dr. Radut