Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
PROGRAMACIÓN ABRIL 2015: MES DOS LIBROS |
- 1 DE ABRIL: A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia organiza o Mércores, 1 de abril, as 17:00 h no Auditorio da Casa da Cultura, un espectáculo infantil titulado "Maxia Cómica" da man de Leo Leiño, para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (debido a que o día de celebración, o 2 de abril coincide co Xoves Santo de Semana Santa). Esta actividade está dentro do programa LER CONTA MOITO. Maxia Cómica é un espectáculo para nenos e adultos, coa participación dos asistentes. Divertida e sorprendente. Sempre con relación aos libros e contando unha historia que une os xogos. Espéranvos a todos, pais e nen@s.
- DO 20 AO 30 DE ABRIL: Exposición e intercambio dos libros preferidos dos nosos alumnos; cestas con libros no patio na hora do recreo; Padriños e Madriñas lectores (os nenos e nenas de 1º e 2º curso de primaria leranlle aos máis pequenos as súas lecturas favoritas). - 23 DE ABRIL: entrega de agasallos (axendas, marcapáxinas,...). - TALLER DE ROSALÍA: celebración do 4º Centenario da publicación da 2ª parte do QUIXOTE cunha unidade didáctica elaborada por Ana Martínez Rey e que nós traducimos ao galego. Recursos para traballar O QUIXOTE LIM VIDEOS:
|
RECITADO DE REFRÁNS |
O día 11 de novembro fixemos unha recitación de refráns durante a celebración do Magosto na Escola de San Cristovo. |
XOANA TORRES (Santiago de Compostela, 1931 - Vigo, 2017) |
Este mes de novembro homenaxeamos a Xoana Torres, escritora galega e membro da Real Academia. Deixounos unha ampla obra que abarca poesía, narrativa, ensaio e literatura infantil, á parte de contribuír na súa tarefa como escritora con espazos radiofónicos No seu libro de poemas Olas Atlánticas temos un poema que fai referencia a nosa vila “Sibila en Ribadavia” Aquí vos deixo os traballos que fixemos da súa literatura infantil: Polo mar van as sardiñas (1968) e Pericles e a balea (1984).
|
MOCHILAS VIAXEIRAS |
Un curso máis puxemos en marcha as mochilas viaxeiras que tanto lle gustan aos nosos alumnos/as. Este curso circulan 5 mochilas polas nosas escolas. A continuación podedes ver os traballos que realizaron as familias ou o alumnado sobre o material que ía nas diferentes mochilas
|
ARTE CON LEANDRO LAMAS |
Estos meses imos aprender a pensar coa pintura dun artista galego: LEANDRO LAMAS. Nado en Narón, o 14 de xaneiro de 1973, a parte de pintor é ilustrador, actor e director teatral. Elexímolo pola súa capacidade de crear soños e fantasía colorista desde a propia realidade galega a través da súa obra chea de positivismo e ledicia. Aquí vos deixo unha presentación da súa obra coa música de Guadi Galego "Mergullei"
|
POSTER DIXITAL DE LEANDRO LAMAS |
Neste poster dixital podedes ver algúns dos traballos realizados sobre o pintor e ilustrador Leandro Lamas que estamos traballando neste trimestre. Os alumnos reproduciron algúns dos seus cadros e tamén recitaron a poesía "Pinto o mundo de cores",do libro Poemas con piruleta, que ilustrou este autor. |
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL |
Dende o noso blog querémoslle dar a noraboa ao poeta Antonio García Teixeiro polo seu Premio Nacional da Literatura Infantil e Xuvenil na sua edición 2017, pola súa obra Poemar o mar escrita na nosa lingua. Alegrámonos moito e dámoslle as grazas por escribir unha poesía sinxela que gusta tanto aos nosos rapaces.
|
BIBLIOTECA ESCOLAR: TERRITORIO DAS ARTES |
"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual. A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar. Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
|
20 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO | |
RESUMO DE ACTIVIDADES DÍA DA PAZ |
Nas seguintes fotografías podedes ver todo o que fixemos para celebrar o Día da Paz (pombas con mensaxes, mandalas, xogo da oca, videoconferencia entre as tres escolas,...)
Na escola de San Paio traballaron o conto Un chocolate muy especial. Preme na imaxe para ver todo o que fixeron
Este ano na escola de San Cristovo, o día da Paz adicáronllo a WANGARI MAATHAI, unha historia verdadeira, Premio Nobel da Paz no ano 2004.
|
A VENDIMA: O NOSO PROXECTO | |
PROGRAMACION ABRIL 2016: MES DOS LIBROS |
- 2 DE ABRIL: A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia organiza o Sabado, 2 de abril, as 16:30 h na Igrexa da Magdalena, un espectáculo infantil titulado "O traxe novo do rei" da man de Títeres Tarabelos, para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
- DO 20 AO 30 DE ABRIL: Exposición e intercambio dos libros preferidos dos nosos alumnos; cestas con libros no patio na hora do recreo; Padriños e Madriñas lectores (os nenos e nenas de 1º e 2º curso de primaria leranlle aos máis pequenos as súas lecturas favoritas), ademais da elaboración do Abecedario da natureza. - 22 DE ABRIL: entrega de agasallos (marcapáxinas, texto de Pedro Feijoo "Os libros son para valentes, pases ao liberespazo,...). - 23 DE ABRIL: O sábado, 23 de abril é o Dia do Libro, e a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, coma sempre festexao cos mais cativos, para fomentar o uso da biblioteca e a lectura. Ista vez será as 18:00 h. na Casa da Cultura da man de Trécola Teatro, que traeran o contacontos "Madame Bechamel e Signorina Bolognesa". Asi que ....anirmarvos a pasar un rato divertido e quizais gañedes algúns dos libros que sortean. - 26 DE ABRIL: III Asentada pola lectura na Praza Maior de Ribadavia, debido ao IV pasamento de Miguel de Cervantes, faremos unha lectura continuada de El Quijote. Ademais faremos un "bookcrossing" especial no Castelo de Ribadavia. |
25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
Este curso escolar escollemos estes dous libros para traballar nas aulas a problemática da violencia de xénero: Rosa Caramelo e Avós, ambos da editorial Kalandraka.
Estes son algúns dos traballos realizados nas escolas: |
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
O 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas escolares cunha actividade que ten relación co lema e o cartel deste ano. Os nen@s terán que debuxar ou escribir nunha folla que lle damos por que lle gusta ir a biblioteca da escola e que aprenden nela. Despois todas as follas se colgarán nunha árbore de cada escola. Aquí podedes ver o resultado da nosa actividad: |
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
O 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas escolares cunha actividade que ten relación co lema e o cartel deste ano. Os nen@s terán que debuxar ou escribir nunha folla que lle damos por que lle gusta ir a biblioteca da escola e que aprenden nela. Despois todas as follas se colgarán nunha árbore de cada escola. Aquí podedes ver o resultado da nosa actividad: |
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
O 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas escolares cunha actividade que ten relación co lema e o cartel deste ano. Os nen@s terán que debuxar ou escribir nunha folla que lle damos por que lle gusta ir a biblioteca da escola e que aprenden nela. Despois todas as follas se colgarán nunha árbore de cada escola. Aquí podedes ver o resultado da nosa actividad: |
8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA |
Para celebrar o 8 de marzo, DÍA DA MULLER TRABALLADORA, escollemos o conto de Parella guai, A NOSA TERRA. Algúns nenos fixeron un debuxo para agasallar a súa nai e tamén unha flor con xornais.
|
CONTOS PARA O NADAL |
No CRA Amencer disfrutamos cos contos de nadal e tamén recomendámoslles aos pais/nais cunha guía de nadal contos para que @s nen@s lle pidan os Reis Magos como agasallo.
|
21 MARZO: DÍA DA POESÍA |
Estas son algunhas das poesías que traballamos cos máis pequenos do cole para conmemorar este día |
OS BOLECHAS NA MÁQUINA DO TEMPO |
O sábado 10 de outubro ás 18:00 h, os Bolechas actuarán no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia. Este fin de semana Os bolechas visitan Ribadavia da man do programa Falaredes. Trátase de "Os Bolechas na máquina do tempo" a cal todos os nenos estades invitados. Por suposto a entrada é de balde.
A actividade ten continuidade na aplicación web Os Bolechas na máquina do tempo, onde os cativos e cativas poden facer o seu propio diploma de viaxeiro no tempo e acceder a xogos e sorteos. Co aliciente de que os asistentes ao espectáculo coñecen en exclusiva unha palabra clave coa que poderán dobrar o premio do sorteo e acceder a dous lotes de libros dos Bolechas, no canto de un, en caso de resultaren premiados.
|
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA |
Dende os equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca, queremos recordar a figura de Rosalía. O martes 24 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía. Este ano escollemos o poema Rosalía pequeniña, do libro-disco "Rosalía Pequeniña", na voz de Uxía e con ilustracións de Marina Seoane. Ademais dun recitado de poemas de Rosalía e un concurso: "Ilustra o pensamento de Rosalía". Elixirase unha frase significativa da autora para logo ilustrar polo alumnado do noso centro. Coa ilustración gañadora farase un cartel. O agasallo será o libro "Rosalía pequeniña" de Árbore-Galaxia.
LIM Xogando con Rosalía, da Biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda
|
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA |
Dende os equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca, queremos recordar a figura de Rosalía. O martes 24 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía. Este ano escollemos o poema Rosalía pequeniña, do libro-disco "Rosalía Pequeniña", na voz de Uxía e con ilustracións de Marina Seoane. Ademais dun recitado de poemas de Rosalía e un concurso: "Ilustra o pensamento de Rosalía". Elixirase unha frase significativa da autora para logo ilustrar polo alumnado do noso centro. Coa ilustración gañadora farase un cartel. O agasallo será o libro "Rosalía pequeniña" de Árbore-Galaxia.
LIM Xogando con Rosalía, da Biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda
|
XOSÉ NEIRA VILAS | |
SAMAÍN 2018 |
Dende o equipo de biblioteca fixemos unha selección de contos terroríficos para celebrar o Samaín. Durante a semana do Samaín, a mestra Raquel estivo traballando o conto de CARABUÑAS co alumnado de infantil das tres escolas. |
2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE AUTISMO |
Adicado a todas as familias que reciben un diagnóstico de Trastorno do espectro do autismo.
O oito Letra de Olga Lalín Música de Seso Durán Incluído no album de próxima aparición "Azul" Filmado no Lago de Castiñeiras (Marín, Pontevedra) |