O alumnado de San Cristovo aproveitou o Samaín para adestrar as súas habilidades motrices con traballos manuais de medo como as cabazas de plastilina. Tamén reciclaron tubos de papel para convertirlos en aterradores morcegos, repasaron os ósos do corpo construíndo un esqueleto ao estilo dunha catrina e crearon apócemas máxicas.
Ademais, recibiron un pequeno agasallo das súas mestras: unha vasoira de bruxa cunha doce sorpresa no interior!