Skip to Content

Escola de San Cristovo

MOITAS SORPRESAS Á VOLTA DO NADAL!!!!

Á volta do Nadal os Reis Magos tamén se lembraron de deixar agasallos na nosa escola. Fíxonos moita ilusión.

E o noso amigo Buda tivo cadeliños que tamén quixeron visitarnos e xogar connosco.

BO NADAL!!!

O Nadal é para os/as nenos/as o soño máis maravilloso convertido en realidade. Felices Festas e Próspero Aninovo!!

ADEUS OUTONO

PARABENS SELENA, CASTIEL E UXÍA!!!!!

MOITAS GRAZAS A AVOA JULIA E A AVOA VIOLETA POLOS RICOS BISCOITOS QUE NOS FIXERON PARA CELEBRALO. ESPERAMOS AS RECEITAS Guiño

 

 

 

SAMAÍN TERRORÍFICO NA NOSA ESCOLA

 

                   

 

PABLO SOLARI "O POETA DA COR"

Este trimestre traballamos o pintor arxentino, Pablo Solari: naceu en abril de 1953 no barrio das Flores da Cuidade Autónoma de Bos Aires. Dende moi pequeno comenzou a pintar e ao longo de toda a sua vida evolucionou de maneira autodidacta estudando os clásicos e en base a reproducións. Atrapounos a cor e a temática da sua obra. Aquí vos deixamos unha interpretación moi persoal dos seus cadros sobre A vendima.

PARABÉNS ELENA E GABRIEL!!!!

Comezamos o mes de setembro celebrando os aniversarios de Gabriel e Elena. Gabriel cumpliu 5 anos e Elena  4 anos, os dous disfrutaron moito coa sua celebración.

 

A VENDIMA

Xa toca vendimar!!!!!! Grazas a familia de Mauro e Uxía por deixarnos participar e ensinarnos cousas novas (Caiño Longo: variedade de uva tinta de mesa moi rica) e da xente do pobo, que ainda que ten traballo duro estos días, párase con nós e deixannos subir os seus tractores.

Para nós vendimar sempre é unha festa.

 

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Comeza o curso na escola de San Cristovo con moitas novidades, novo patio para disfrutar dos nosos recreos e mestras e compañeiros novos. Estamos moi contentos e  cargados de ilusións.

A QUE SABE A LÚA

A partir deste precioso conto de Michael Grejnic traballamos as características dos animais e os valores tan importantes como a cooperación, a empatía e o respecto.

Tamén o interpretamos de distintas maneiras. Disfrutámolo moito.

Distribuir contido


by Dr. Radut