Skip to Content

Secretaría

LIBROS DE TEXTO

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24

 

1º DE PRIMARIA

 

ÁREA

ISBN

EDITORIAL

MATEMATICAS 1 Trim +Act

 

9788468280998

VICENS VIVES

LINGUA GALEGA E LITERATURA 1. LIBRO 1,2,3 E ACTIVIDADES DE BENVIDA (P.ZOOM)

 

9788468283180

VICENS VIVES

INGLES

POPTROPICA ENGLISH ISLANDS LEVEL 1 HANDWRITING PUPILS BOOK WITH ONLINE WORLD ACCESS CODE AND MY LANGUAGE KIT

 

 

 

9781292312880

 

 

 

PEARSON

 

 2º DE PRIMARIA

 

ÁREA

ISBN

EDITORIAL

MATEMÁTICAS  2 Trim+Kit Material Manipulable Comunidad Zoom

 

9788468291840

 

VICENS VIVES

 

LINGUA GALEGA 2 Trim Comunidade Zoom

 

9788468292878

 

VICENS VIVES

INGLES

POPTROPICA ENGLISH ISLANDS LEVEL 2 HANDWRITING PUPILS BOOK WITH ONLINE WORLD ACCESS CODE AND MY LANGUAGE KIT

 

 

978-12-92312903

 

 

PEARSON

 

 

 

MATRICULACIÓN DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O PRÓXIMO CURSO 2023-2024

O alumnado admitido para o próximo curso no CRA Amencer de Ribadavia deberá formalizar a matrícula na Secretaría do Centro. O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño.

 

Convócase aos proxenitores do alumnado que vai cursar 4º de educación infantil (3 anos)  a unha reunión para o 27 de xuño ás 11:30.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO (FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO) PARA O CURSO 2023-2024

Está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar para o próximo curso 2023-2024, por parte da Consellería de Educación.

 O prazo remata o 21 de xuño.

 

 

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia

Segundo o publicado no día de onte pola Dirección xeral de Saúde Pública de Galicia as novas directrices do uso das máscaras son as seguintes:

Resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro.

Recoméndase especialmente para casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos o uso de forma constante da máscara e evitar actividades que impliquen quitala sen manter a distancia de seguridade de 1,5 metros con outras persoas (Ex.: comer ou beber en presenza doutras persoas). O uso da máscara nestas situacións debe ir acompañado doutras medidas de prevención como evitar o contacto con persoas de grupos vulnerables e reducir todo o posible as interaccións con outras persoas. Estas recomendacións deberán aplicarse durante 10 días dende inicio de síntomas, dende o diagnóstico (no caso de persoas asintomáticas) ou dende a data do último contacto (no caso de contactos estreitos). En calquera caso debe lembrarse a recomendación xeral de non asistir ao centro educativo se a sintomatoloxía inclúe cadros febrís.

 Pódese consultar o texto completo das directrices no arquivo que se publica coma adxunto.

 A partires de mañá, venres 22 de abril, a máscara deixa de ser obrigatoria para o alumnado e profesorado nos centros escolares, pasando a ser recomendable e de uso voluntario.

 Pregamos ás familias do alumnado que comuniquen ás titoras de cada escola si o seu fillo/a vai a seguir usando a máscara ou non para facilitar o control do seu uso. Tamén pregamos que, si é posible, non se envíe á escola a ningún neno/a que teña síntomas compatibles coa COVID sen consultar co seu pediatra.

 

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36790

 

Prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2022/23 - 1 ao 21 de marzo

Desde o martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.


Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tanto si se presenta de forma presencial no centro educativo como por vía telemática, deberase cumplimentar a seguinte documentación (arquivo adxunto):

  • Anexo II.
  • Anexo II bis.

ACTUALIZACIÓN DE PROTOCOLOS COVID-19

O Ministerio de Sanidade acaba de publicar novos protocolos de xestión epidemiolóxica da Covid-19 para o ámbito educativo.  Os aspectos principais a ter en conta son os seguintes:

• As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento. Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.

• Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.

• A definición e contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).

• O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.

• No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de 4,ou menor do 20% do alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal.

• Ante agrupacións de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa), seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).

Para máis información sobre o PROTOCOLO DE VIXILANCIA  E  CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE  AO VIRUS SARS-CoV-2  (COVID-19)  NO  ÁMBITO EDUCATIVO  NON UNIVERSITARIO  DE  GALICIA pode consultar o documento das direccións xerais de Saúde Pública e Asistencia Sanitaria en https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Protocolos-vixilancia-control-epidemioloxico-COVID19-ambito-educativo-non-universitario 

 

 

Plan de Adaptación covid

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

Dende o 21 de maio ao 22 de xuño está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar, para o curso 2021-2022.

Distribuir contido


by Dr. Radut