Skip to Content

Secretaría

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN (CURSO 2018-19)

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, hoxe, 1 de febreiro, inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.

O alumn@ que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (neste caso, CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA) deberá presentar o ANEXO I no CRA Amencer de Ribadavia antes do 15 de febreiro.

A solicitude tamén se pode presentar a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado): solicitudes - solicitudes de reserva - crear solicitude de reserva

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Lémbrase tamén que o alumnado que faga esta reserva no centro adscrito, non poderá presentar solicitude de matrícula en calquera outro centro.

 

Publícanse os formularios de solicitudes e a propia orde:

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)

- Anexo I: Reserva de praza

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/2016

Nos arquivos adxuntos tedes o listado de libros de texto para o  vindeiro curso.

PROGRAMA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/16

Estamos es prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e o fondo solidario de libros de texto, para o vindeiro curso

Remata o prazo o 1 de xullo (axudas)

Remata o prazo o 30 de xuño (fondo solidario)

Solicitudes e ordes nos arquivos adxuntos.

INÍCIASE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015/2016

LISTA DE ADMITIDOS  PARA O CURSO 2015/2016

 

 

 

Datas de interese:

Reserva de praza no centro de orixe............ do 1 ao 15 de febreiro

Presentación de solicitudes de admisión ...... do 1 ao 20 de marzo

Formalización de matrícula ......................... do 20 ao 30 de xuño

 

VEN A VISITARNOS NAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS,

NO MES DE FEBREIRO,

EN HORARIO DE 12:00H A 12:30H

 

Podedes consultar a orde no adxunto

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Durante este mes de novembro iniciarase un proceso de renovación parcial do consello escolar.

Adxúntase o caledario de actuación.

COMEZO DO CURSO 2014/15

 10 DE SETEMBRO

PRESENTACIÓN

DE 10 A 12 horas

TEDES O CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2014/2015 NO FICHEIRO ADXUNTO

LIBROS DE TEXTO CURSO 2014/15

En ficheiros adxuntos, tedes a lista de libros de texto, para o vindeiro curso.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Convócanse axudas para a adquisición de libros de texto, destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2014/15.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS INSTANCIAS DO 2 DE XUÑO AO 2 DE XULLO DE 2014, AMBOS INCLUSIVE

Solicitude e máis información en ficheiro adxunto

RESERVA DE PRAZA E SOLICITUDE DE ADMISIÓN, CURSO 2014/2015

Poderase formular reclamación por escrito no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte a súa publicación e ante o Consello Escolar no caso dos centros públicos. O último día para presentar reclamación sería o luns, 28 de abril.

 

VEN A VISITARNOS NAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, NO MES DE FEBREIRO,

EN HORARIO DE 12 A 12:30 HORAS.

 

                                                           

 

DATAS IMPORTANTES:

Reserva de praza no centro ................. Do 1 ao 15 de febreiro

Solicitude de admisión ........................ Do 1 ao 20 de marzo.

Formalización da matrícula .................. Do 20 ao 30 de xuño.

Decreto Admisión Alumnado

Orde Admisión alumnado

INICIO DE CURSO 2013-2014

AS CLASES COMEZAN O MÉRCORES, 11 DE SETEMBRO.

HORARIO DE PRESENTACIÓN DE 10 A 12 HORAS.

Distribuir contido


by Dr. Radut