ACTUALIZACIÓN DE PROTOCOLOS COVID-19
O Ministerio de Sanidade acaba de publicar novos protocolos de xestión epidemiolóxica da Covid-19 para o ámbito educativo. Os aspectos principais a ter en conta son os seguintes:
• As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento. Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.
• Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.
• A definición e contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).
• O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.
• No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de 4,ou menor do 20% do alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal.
• Ante agrupacións de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa), seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).
Para máis información sobre o PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA pode consultar o documento das direccións xerais de Saúde Pública e Asistencia Sanitaria en https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Protocolos-vixilancia-control-epidemioloxico-COVID19-ambito-educativo-non-universitario