Skip to Content

Prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2022/23 - 1 ao 21 de marzo

Desde o martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.


Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tanto si se presenta de forma presencial no centro educativo como por vía telemática, deberase cumplimentar a seguinte documentación (arquivo adxunto):

  • Anexo II.
  • Anexo II bis.
AdxuntoTamaño
solicitude admision 22_23.pdf1.33 MB


page | by Dr. Radut