Skip to Content

Escola de San Cristovo

Entroido na escola

Así de guap@s estaban os peques o xoves da semana do Entroido.

Celebramos o día da Paz

O día da Paz xuntámonos na escola de Francelos para ver unha presentación dun libro de Ramón Caride (A pomba Dona Paz) e tamén para terminar de grabar un lipdub. Pero na escola de San Cristobo xa tiñamos traballado moito sobre a Paz.

Falamos de John Lennon, e aprendemos cousas sobre a súa vida. Tamén limos o conto Imagine, basado na famosa canción de John. 

Traballamos o conto A Pomba Dona Paz, e fixemos outras cousiñas relacionadas con este tema.

Actividades de Ciencias Sociais

Deixámosvos as fotos dalgúns traballos que fixeron os nen@s de primaria durante o primeiro trimestre. Son actividades de ciencias sociais.

Parabéns Gabriel!

Gabriel Martínez Pereira resultou gañador no concurso de postais de Nadal do Colexio de Economistas de Ourense. Parabéns Gabriel!! Esta foi a súa postal: 

Parabéns Emma

A almumna da nosa escola, Emma Villanueva Fuentes resultou gañadora no concurso de debuxos da Constitución Española. Parabéns Emma!!!

Ver máis.

Bo Nadal

Os mestres e mestras que pasamos pola escola de San Cristovo, desexámosbos un moi feliz Nadal, e unha entrada maravillosa no ano 2018. Deixámosvos os traballiños de Nadal.

Aniversarios de novembro

Este mes de novembro tivemos dous aniversarios na escola!!! Parabéns  a Castiel, que cumpriu 5 anos, e a Uxía Fidalgo que cumpriu 4.

Chegou o Magosto

O Magosto chegou, e mentres o esperabamos traballamos un montón con cousas de outono. Ahí vos deixamos unha pequena mostra.

Visita "yogui"

Hoxe tivemos a visita dunha pequena "yogui" que estivo a ensinarnos moitas posturas de ioga e tamén unha canción. 

A canción chámase "Flor Mágica" e podédela atopar en Youtube premendo aquí. A canción gustounos moito, e tamén desfrutamos da visita coas novas e algunhas xa coñecidas posturas de ioga.

 

Gozamos en Samaín

Estas últimas semanas estivemos traballando e desfrutando co Samaín. Participamos nun concurso de cabazas, fixemos manualidades, disfrazámonos e os nenos e nenas de primaria tamén traballamos adiviñas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut