Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
SELECCIONAMOS FONDOS PARA LER NA PRIMAVERA! |
NOVA SELECCIÓN NA BIBLIO! de Vanesa Carballo Leal |
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O 25 DE NOVEMBRO |
RECOMENDACIÓN LECTORAS 25 N de Vanesa Carballo Leal |
CONTO: MI CUERPO ES MÍO |
Un dos retos do calendario de adviento era darnos apertas. Antes contamos este conto para aprender a respetar e a pedir permiso antes de tocar, abrazar ou bicar a alguén. CONTO MI CUERPO ES MÍO de Vanesa Carballo Leal |
24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALíA |
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro 2018, o EDLG e o Equipo da Biblioteca; sumámonos ás actividades propostas pola AELG (Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega) co lema #AbrideAFiestra, que permitiu @s alumn@s e familias facerse cómplice da Rosalía da que se sinten máis proxim@s.
Do A ao Z con...Rosalía , unha obra de Ana María Fernández da que escollemos cinco poemas, que confluíndo co léxico da escritora (Galicia, Namorados, Barca, Estrela e Muíño) achéganos ao mundo poético da cantora do Sar. Aquí vos deixamos o resultado do recitado dos poemas que fixeron @s nos@s alumn@s. |
RESUMO ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS |
Na seguinte presentación podedes ver as actividades que fixeron nas tres escolas durante a semana das Letras Galegas Tamén fixemos un cartaz colaborativo entre os alumn@s das tres escolas |
" A DRAGOA QUE NON LLE GUSTABA O LUME" |
Dentro do PDI que levaremos este curso sobre a Idade Media comenzamos traballando o tema dos dragóns que vivían nos castelos. Como motivación en tódalas escolas do CRA apareceu un dragón arredor do cal fixemos investigacións e unha chea de actividades que globalizamos co Samaín, xa que é a epoca na que estamos. Dende a biblioteca as mestras de apoio e a especialista de inglés dramatizaron por tódalas escolas o conto " A dragoa que non lle gustaba o lume" nunha xornada de moitas risas para o noso alumnado. No vídeo podedes ver un pequeno resumo da actividade. Grazas ás profes pola súa vontade, ledicia e polo seu esforzo.
|
OLIMPIADAS LECTORAS PRIMARIA |
Todo o alumnado de primaria consegue o seu diploma e a súa copa de campeóns por ter superada a primeira parte das Olimpiadas Lectoras. OLIMPIADAS LECTORAS PRIMARIA de Vanesa Carballo Leal |
CONTO VALORES: " O DESAFÍO OLÍMPICO" ESCOLA DE SAN CRISTOVO |
O GRAN DESAFÍO OLÍMPICO de Vanesa Carballo Leal |
ENTROIDO 2016 | |
25 NOVEMBRO |
O venres 25 de novembro celébrase o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as mulleres. Estes son algúns dos recursos que podedes traballar para celebrar ese día
|
CONTOS PARA O NADAL |
No CRA Amencer disfrutamos cos contos de nadal e tamén recomendámoslles aos pais/nais cunha guía de nadal contos para que @s nen@s lle pidan os Reis Magos como agasallo.
|
DÍA DA ÁRBORE | |
LUDOCRA DA XOANIÑA ROSALÍA |
Este curso, dentro da biblioteca inclusiva, estreamos a LUDOCRA, unha ludoteca que a xoaniña mercou para nós. Está composta por unha selección de xogos para infantil, outros para primaria, que iremos rotando polas aulas das tres escolas e tamen por unha ludoteca familiar que quedará da biblioteca da Sede. A partir de agora, incluiremos como actividade unha mochila viaxeira de xogos, para que ademais de disfrutar na escola podamos levalos para á casa. Valoramos a importancia e os aprendizaxes educativos, cooperativos e en equipo que se aprenden a través do xogo. Deixamos un vídeo con algúns dos momentos vividos nas diferentes aulas este curso. ludocra da xoaniña rosalía de Vanesa Carballo Leal |
MUSEO MEDIEVAL SOBRE A ALIMENTACIÓN NA IDADE MEDIA. |
Expuxemos esta información que recollemos tralas nosas investigacións o día do Banquete Medieval para ensinar as nosas familias. Nas rodas informativas temos as características da nosa alimentación actual que como ben sabemos xa, nada ten que ver coa da época da idade media. Na escola de San Cristovo este trimestre levaron a cabo un OBRADOIRO DE OURIVERÍA coas familias. Deixamos un vídeo a modo de resumo para que vexades as técnicas que se empregaban na idade media e o ben que os pasaron tanto os cativos como as súas familias. |
DÍA DA PAZ 2016 |
Actividades a realizar para o Día da Paz:
Estes son algúns dos debuxos que fixeron os nen@s despois de traballar o conto. |
LIBRO DE NÚMEROS |
A nai de Yaixa fixolle este precioso material para a escola de Francelos a partir do libro Números que iba na mochila viaxeira.
|
O LIBRO DE ALBA |
A nai de Alba fíxolle este precioso libro e quixo compartilo con nós. |
HISTORIA DUNHA LATA |
Neste curso o noso proxecto xira en torno a Reciclaxe. Para ir comenzando, traballamos o conto Historia dunha lata. Estes son algúns dos debuxos que fixeron os máis maiores |
EL LÁPIZ MÁGICO DE MALALA |
Durante os meses de marzo e abril os alumn@s de Educación Primaria de San Cristovo traballaron o conto de El lápiz mágico de Malala. O conto relata parte da vida de Malala Yousafzai e de como foi a súa infancia crecendo nun lugar destrozado pola guerra. Malala recibiu o Premio Nobel da Paz en 2014, pero segue loitando polos dereitos dos nenos e nenas. A historia cóntanos que Malala cando era nena desexaba ter un lapis máxico para con el debuxar cousas que logo se fixeran reais. Decidiu converter aquel lapis máxico co que soñaba de nena nun lapis de verdade. Con el escribiría sobre os desafíos que ía atopando: homes armados que pecharon as escolas privadas e prohibiron ás nenas asistir a clase. Con este libro aprendemos que hai outros lugares no mundo, diferentes ó noso. Nalgúns deses lugares os nenos e as nenas non son iguais, e ir á escola é un privilexio. Deste xeito intentamos inculcar que un mundo mellor é posible evitando as diferenzas e fomentando a igualdade de oportunidades. |
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
Esta é a nosa pequena aportación para conmemorar o 25 DE NOVEMBRO
|
OS CONTOS DAS NOSAS ÁRBORES |
Este ano, como estivemos traballando os bosques, pedímoslles as familias que nos mandaran unha foto d@s nen@s cun libro no bosque. O resultado foi espectacular e decidimos facer un collage en grande con todas as aportacións. MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!!!!
|
VISITA GUIADA AO BOSQUE RIDIMOAS |
O luns 29 de abril fixemos unha saída ata o bosque de Ridimoas, que está en Beade, moi preto da escola de San Cristovo.
|
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL. |
RECOMENDACIONS LECTORAS NADAL de Vanesa Carballo Leal |
CURSO DE FORMACIÓN. BIBLIOTECA CREATIVA NO CRA. |
Participamos nun curso de formación da man do CFR de Ourense. Con este curso, Loli, ensinounos a traballar coa plastilina conductora e outros experimentos moi interesantes para levar a cabo nas aulas de infantil e primaria. Grazas Loli por vir a bibliocra da Xoaniña Rosalía. Deixamos un vídeo no que plasmamos algunhas das actividades que fixemos. biblioteca creativa de Vanesa Carballo Leal pincha para ver A XOANIÑA CON LUCES. |
FONDOS: FLORA E FAUNA. |
Póster Día de la tierra Infantil Colorido Verde azul amarillo POSTER2022 de Vanesa Carballo Leal |