Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
RESUMO ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS |
Na seguinte presentación podedes ver as actividades que fixeron nas tres escolas durante a semana das Letras Galegas Tamén fixemos un cartaz colaborativo entre os alumn@s das tres escolas |
21 de MARZO: DÍA DA POESÍA CON ROSALÍA |
Aproveitando os poemas que traballaramos de Rosalía de Castro, fixemos un recitado de poemas.
|
DÍA DA AUGA 2015 |
Para celebrar o Día da Auga escollemos uns debuxos onde se fomenta o uso responsable. |
2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL |
O 2 de abril ás 12:00 h a Biblioteca de Ribadavia celebrará o Dia do Libro Infantil e Xuvenil con esta estupenda actividade, teatro infantil para toda a familia, A galiña azul de Carlos Casares, que como sabedes é o homenaxeado este ano o Dia das Letras Galegas. Ao finalizar o teatro, cada familia recibirá de agasallo o libro da obra. Ademais tamén inauguran unha exposición titulada Contos musicados, aunando dúas disciplinas moi importantes na ensinanza e na cultura, as letras e a musica, que neste caso, enlázanse. Espero que vos goste e dar así a coñecer a ampla colección de libros con CD de música que tedes a vosa disposición na Biblioteca de Ribadavia. |
ABEL |
Abel trouxo o seu libro preferido da casa e quixo ensinarllo aos seus compañeiros de San Cristovo. Ademais tamén lles cantou unha canción |
RESUMO ACTIVIDADES MES DE ABRIL |
O 23 de abril, Día Mundial do Libro, fixemos entrega dos agasallos que nos mandaron dende Bibliotecas Escolares de Galicia. Tamén tivemos un contacontos por videoconferencia, os alumnos de Primaria contáronlle aos máis pequenos do cole a historia de Don Quixote. No taller de Rosalía tamén celebramos o 4º Centenario da publicación da 2ª parte do Quixote.
|
25 NOVEMBRO |
O venres 25 de novembro celébrase o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as mulleres. Estes son algúns dos recursos que podedes traballar para celebrar ese día
|
21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA |
Este ano adicámoslle o día da poesía a un dos referentes da literatura española do século XX. O ano pasado conmemorouse o centenario do seu nacemento. Nós dende o noso CRA querémoslle facer unha merecida homenaxe por adicarlle gran parte da súa producción aos máis pequenos. |
SEMANA DA PRENSA: DO 9 AO 13 DE MARZO |
Dende o 9 ao 13 de marzo, nas aulas traballamos cos xornais de diferentes modos.
|
Wonder. Todos somos únicos |
Os nenos de Educación Primaria da escola de San Cristovo este mes estiveron traballando e reflexionando sobre unha historia sinxela, deliciosa e amable que reflexa a importancia da diversidade e a importancia de aceptar aos demáis tal como son. Aquí vos deixo os seus preciosos traballos |
ACTIVIDADES DO MES DE ABRIL 2017: MES DOS LIBROS |
Estas son algunhas das actividades que realizamos durante o mes dos libros deste ano: - Exposición e intercambio de libros - Cestas con libros na hora do recreo - Padriños e madriñas lectores - O meu libro favorito: todos os nen@s debuxaron a portada do seu libro favorito. - Animación á lectura con contos moi variados:
- Fixeron un libro de plantas aromáticas - Na escola de San Paio, a mamá de Joel contoulles un conto en alemán e crearon o libro de "Oso ten frío". Pincha na imaxe. Tamén dende a materia de música elaboraron un libro dos instrumentos feitos con materiais de refugallo |
ABRIL, MES DOS LIBROS |
Lecturas compartidas no patio (os padriños lectores leronlle contos aos máis pequenos), troco de libros (os contos preferidos dos nosos rapaces trouxéronos á escola para deixarllos aos seus compañeiros), fixeron marcapáxinas, ... Foi un mes cheo de historias compartidas. Aquí vos deixo algunha das actividades que fixeron os raqaces das nosas escolas.
|
20-24 DE MARZO: III SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA |
Este ano a Deputación de Ourense organizou a terceira edición da "Semana Escolar da Árbore e da Auga" para conmemorar os Días Mundiais da Árbore e da Auga que teñen lugar os días 21 e 22 de marzo, unha iniciativa na que participa o noso centro. Con esta finalidade a Deputación editou o libro-manual O amor eterno de Rozabales, dirixido a estudantes de Primaria, do que é autor Xosé Antonio Perozo. Esta actividade pretende "divulgar entre os máis novos, a importancia de preservar o noso medio ambiente, así como fomentar a concienciación medioambiental". O libro-manual que a Deputación de Ourense editou nesta edición é O amor eterno de Rozabales que, a través dunha historia de ficción que se desenvolve na contorna do Souto de Rozabales co castiñeiro como árbore protagonista, pretende chamar a atención e ensinar aspectos relacionados con esta especie, os seus valores, utilidades e produtos. Así mesmo, as augas termais son outros dos aspectos que forman parte da lenda creada para que o alumnado goce e aprenda ao mesmo tempo. Ademais o mércores, 29 de marzo, saimos a plantar castiñeiros, pincha na imaxe para ver toda a reportaxe
Ademais os alumnos da Escola de San Paio, tamén fixeron os seus traballiños para conmemorar estes días tan importantes. Pinchade na imaxe para ver todo o que fixeron. |
SEMANA DA PRENSA |
Do 5 ao 9 de Marzo celebramos a Semana da Prensa nas escolas galegas, e como coincidiu coa semana do día da Muller Traballadora, dende a escola de San Paio buscamos noticias sobre mulleres nos xornais. E enchemos o noso Noticieiro de Rosalía con noticias de mulleres. Analizamos algunha das noticias e quedamos impresionad@s cunha "Ana Peleteiro gaña a medalla de bronce nos mundiales de atletismo" . O triple salto foi de 14,40. As nenas e os nenos de Primaria da escola de San Cristovo analizaron a noticia dun xornal e as súas partes. |
MOCHILAS VIAXEIRAS |
Outro curso máis, e xa van sete, puxemos en marcha as mochilas viaxeiras que percorren as casas dos nosos alumn@s. Van cargadas de libros e peliculas para toda a familia. Este curso puxemos en marcha 4 mochilas, desde finais do mes de xaneiro ata mediados do mes de maio. A continuación podedes ver os debuxos e as opinións dos nenos e das familias.
|
SAMAÍN 2015 |
Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que fixemos durante o SAMAÍN. |
ABECEBICHOS | |
EU NON FUN |
Xa estamos de volta e retomamos a animación a lectura coa profe Raquel. Esta semana tocoulles EU NON FUN
|
BRANCANEVES |
Na semana do 12 ao 16 de novembro, Raquel vestiuse de Brancaneves e ..... |
MONSTRUO ROSA |
Monstruo Rosa é una historia que nos ensina o valor da diferencia e a importancia do optimismo e a positividade, sobre todo nos peores momentos. Monstruo Rosa é diferente a todos os demais dende que naceu. É moi grande, redondo, moi alegre pero sobre todo é completamente rosa, cousa que destaca moito nese mundo en branco e negro no que lle tocou nacer. Monstruo Rosa podía conformarse, adaptarse ó mundo no que lle tocou vivir, pero non o fixo, decidiu loitar pola súa identidade sen medo ó descoñecido. A recompensa vale a pena e moito, pois atopou unha sociedade rica e diversa na que foi acollido. Aquí vos deixo algunhas das actividades que fixeron @s nen@s da escola de San Cristovo: Antes de ler o conto, os alumnos imaxinaron como sería o monstro do conto únicamente escoitando o seu título. Debuxaron o que imaxinou cada un.
Despois de escoitar o conto, fixeron o debuxo do que máis lles gustou.
· Xogo de dados no que debuxaron o monstro coa apariencia que lles ía tocando segundo tiraban os dados.
|
24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA | |
PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA |
Esta semana tivemos unha moi boa noticia, resultamos premiados no certame Contádenos o voso Día das Letras, convocado pola Real Academia Galega dentro do proxecto educativo Primavera das Letras. No certame participaron cerca de oitenta centros educativos de toda Galicia con proxectos arredor da celebración do 17 de maio dedicado a Carlos Casares. O noso traballo está recollido no blog da biblioteca, pincha na imaxe para ver máis sobre o proxecto A comunidade educativa do CRA Amencer de Ribadavia agradece a Real Academia Galega este premio polo traballo feito a prol da difusión da figura e a obra de Carlos Casares e da nosa lingua.
|
EL LOBO DE LOS CUENTOS |
No mes de febreiro, os nen@s de primaria de San Cristovo traballamos o conto “El lobo de los cuentos”. Nesta curta historia poñémonos no lugar do lobo, e reflexionamos sobre o seu papel nos contos infantiles. O lobo deste conto está cansado de ser sempre malo, agora quere ser bo. Cambia o seu rol, e pode que os nenos o empecen a ver con outros ollos, e tamén aprenderán que existe a posibilidade de cambiar o comportamento. Adentrámonos no mundo das emocións recoñecendo como se vai sentindo o lobo ó longo da historia. Como con todos os contos, fixemos unha pequena manualidade: un lobo cun rolo de papel hixiénico e dous tapóns de botellas de auga. |
ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS 2018 |
Aquí vos deixo un video, coa música de Guadi Galego e unha preciosa ilustración de Abi Castillo. Podedes ver algunha das actividades que fixemos para conmemorar a escritora deste ano, María Victoria Moreno, e unhas imaxes da visita que nos fixo Pepe Carreiro ao CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle, onde fomos a compartir unha bonita xornada para celebrar o día das Letras Galegas. |
GUÍA NADAL 2018 |
Aqui tendes as nosas recomendacións lectoras para pedir neste Nadal. Esta guía foi elaborada en colaboración co CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »