Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Radio Xoaniña Rosalía 2019 emisión dende Francelos |
Aqui estamos de novo emitindo dende a nosa Radio Rosalía Xoaniña, este ano comenzamos dende a escola de Francelos e temos un programa ben bonitiño... Agardamos que vos guste!!!
|
O CREBANOCES |
Na escola de Francelos estiveron traballando o conto do CREBANOCES.
|
8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA |
A profe Raquel aproveitou esta data para achegar aos máis pequenos a figura de Frida Kahlo. |
V SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA |
Na semana escolar da árbore e da auga fixemos varias actividades: construimos árbores con paus e bugallos, debuxamos e pintamos árbores no bosque, abrazamos as árbores,... Tamén plantamos un bidueiro na escola de Francelos coa axuda dos mestres Álvaro, Mónica e Mª José. En San Paio plantamos unha maceira coa axuda de Roberto, papá de Lucía, e despois fixemos un debuxo da plantación. Tamén entregamos o conto que nos mandou a Diputación de Ourense para celebrar esta semana
|
DÍA DAS BIBLIOTECAS |
Para celebrar este ano o Día das Bibliotecas fixemos entrega das novas bolsas que nos mandaron dende a Asesoría de Bibliotecas. Moitas grazas. |
DÍA DAS BIBLIOTECAS |
O 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, tivemos un contacontos moi especial no colexio. O mestre Álvaro de música contounos o conto do PAPÓN.
|
DÍA DA PAZ CON RAMÓN CARIDE |
Este ano celebramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ todo o C.R.A. na escola de Francelos e tivemos unha visita moi especial, o escritor do conto que traballamos para o este día "A pomba dona Paz", Ramón Caride. Escritor de literatura infantil e xuvenil como Bertiño Rompetodo, Micifú e os seus amigos, O cabo da serpe, Un coelliño na beiramar, Andanzas de Xan Farrapeiro... e para adultos: Lumefrío, O frío azul, terra Queimada (a súa última novela) e con varios premios polo seu traballo literario, o premio Merlín e o premio Risco. Moitas grazas Ramón Caride por compartir conosco esta xornada tan especial. Aquí vos deixo un video para o disfrutedes. |
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO |
O 23 de Abril , día do libro, fomos ao Auditorio de Ribadavia a disfrutar dun espéctaculo de Tarabelos Teatro Sabela e o paxaro máxico. Unha adaptación dun conto popular galego que mostra as penurias dunha pobre nena que habita nun castelo. Pero Sabela non é unha princesa, ainda que lle gustaría selo, para que non se meteran con ela como o fan. Un bo espéctaculo de monicreques para, que dende ben novos, os cativos aprendan a rachar con estereotipos. Despois fomos a meredar ao parque e Kevin, un neno de San Cristovo, atopou un libro de bookcrossing (consiste en coller o libro, lelo e despois deixalo noutro lugar para que o colla e disfrute da lectura outra persoa). Aquí vos queda algunha das imaxes . |
ENTROIDO 2016 | |
O LIBRO DE ALBA |
A nai de Alba fíxolle este precioso libro e quixo compartilo con nós. |
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ |
Durante todo o mes de novembro quixemos lembrar a figura de Agustín Fernández Paz, así que buscamos todos os libros que tiñamos na nosa biblioteca e fixemos unha exposición con eles. Despois as distintas escolas fixeron os seus traballiños sobre este autor.
PINCHA NA IMAXE
|
MAGOSTO CON TEATRO NA ESCOLA DE SAN CRISTOVO. O SOUTO DOS PRODIXIOS |
Nada é imposible baixo os castiñeiros !!! Os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan máis que ben, os coellos bailan zapateado e muiñeira, os sapos compoñen poemas que riman e os osos fan punto de cruz nas silveiras. Temos xirasoles que dormen de día, hai fentos xigantes que soben á lua. As estrugas non pican se lles chiscas un ollo. Aquí non hai pena , só hai alegría. O día do magosto a parte dos xogos e talleres, a fogueira e a festa houbo teatro con música e unha historia na que os rapaces do CRA disfrutaron un montón, xa que eles foron protagonistas do souto dos prodixios.
|
EXPOSICIÓN E TROCO DE LIBROS |
Un ano máis tod@s @s alumn@s do cole trouxeron os seus libros favoritos das casas para facer intercambio c@s seus compañeir@s. |
GUIA NADAL 2015 |
|
OS CONTOS DAS NOSAS ÁRBORES |
Este ano, como estivemos traballando os bosques, pedímoslles as familias que nos mandaran unha foto d@s nen@s cun libro no bosque. O resultado foi espectacular e decidimos facer un collage en grande con todas as aportacións. MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!!!!
|
ABRIL: MES DOS LIBROS |
O 23 de abril, día do libro, comezamos o día asistindo ao contacontos "AMODO AMODIÑO" de Trécola Teatro na Casa de Cultura de Ribadavia. Despois visitamos a sala infantil da Biblioteca pública de Ribadavia e a exposición Alimenta o teu cerebro e Tere nos deu uns marcapáxinas conmemorativo do Día do Libro. De regreso nas escolas, pintamos os marcapáxinas e rematamos os libros de madeira coa poesía que fixemos. |
CONTOS QUE VEÑEN E VAN |
Todos os venres @s nen@s do CRA Amencer levámonos un conto para ler coa familia e disfrutar da lectura con eles. Aquí vos deixo algúns dos debuxos que fixeron durante este curso. Espero que vos gusten. |
CONTOS QUE VEÑEN E VAN |
Todos os venres @s nen@s do CRA Amencer levámonos un conto para ler coa familia e disfrutar da lectura con eles. Aquí vos deixo algúns dos debuxos que fixeron durante este curso. Espero que vos gusten. |
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS |
Este curso dedicamos do 13 ao 17 de maio a semana das Letras Galegas e realizamos varias actividades para conmemorar esta data: unidades didácticas e LIMs do Seminario Galán sobre Antón Fraguas. |
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA |
Coma todos os anos, o CRA Amencer celebra o 8 de Marzo, o día da Muller Traballadora. Homenaxeamos a mulleres importantes da historia (Coco Chanel, Frida Kahlo, Dian Fossey, Ella Fitzgerald, Agatha Cristie, Malala) e como non, a mulleres importantes para @s nos@s nen@s (as súas nais e avoas) Aquí vos deixo os traballos que fixemos as distintan escolas do CRA: Francelos, San Cristovo e San Paio. |
ANXO FARIÑA |
O luns 15 de maio tivemos unha visita moi especial, Anxo Fariña (escritor, ilustrador e diseñador galego). Entre as súas obras máis coñecidas para os máis pequenos están as seguintes: a colección de Antón e Pompón, Don Quixote e Breogán, Os Pelelliños, Os Megatoxos, .... Primeiro fixo un contacontos ilustrado para o alumnado de infantil do CRA e despois un obradoiro de ilustración para o alumnado de 1º e 2º curso de primaria (aprenderon a debuxar a partir de letras, a partir do debuxo dunha patata,....).No seguinte video podedes ver todo o que aprenderon e o ben que o pasaron.
Grazas a Anxo Fariña por facer as delicias d@s nos@s alumn@s e tamén a Teresa, a encargada da Biblioteca Pública de Ribadavia, que nos prestou a Sala Infantil para levar a cabo dita actividade. Estas son algunhas das láminas que nos deixou para o cole:
Tamén nos firmou no libro de visitas
E agasallounos cun lote de libros para a nosa biblioteca
|
MOCHILAS VIAXEIRAS | |
11-15 MARZO: SEMANA DA PRENSA |
Durante esta semana fixemos diferentes actividades Como este ano estamos traballando nun proxecto sobre "Os montes", na escola de Francelos, o alumnado de infantil elixiu un animal do monte, neste caso o coello e representáronno empregando recortes do xornal.
E o alumnado de primaria aprendeu as distintas partes que ten unha noticia: titular, subtítulo, corpo da noticia, fotografía, pé de foto, etc. Buscaron noticias, recortaron, pegaron e escribiron cada parte. Na escola de San Cristovo fixeron as súas propias noticias Na escola de San Paio, durante esta semana leron o xornal, crearon un recuncho para o xornal e elaboraron a partir de material de refugallo uns micrófonos de xornalistas. |
A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO |
A nena e o grilo (OQO, 2010) libro CD de Magín Blanco decorado coas fermosas ilustracións de Leandro Lamas. Os personaxes desta historia vivirán unha viaxe ca que descubrir o mundo a través de aventuras que inciden na solidaridade,o respecto pola natureza, a identidade e o universo afectivo. A partir desta maravilla de obra as actividades para escolares de Afundación, permitiunos disfrutar de boa música e teatro en galego para descubrir o mundo a través da curiosidade e a creatividade. Aquí vos deixo as actividades que fixeron @s nen@s das nosas escolas. |
Contos xaneiro |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »