Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Día de Rosalía |
|
TRABALLOS DE OUTONO |
Estes son algúns dos traballos que fixeron durante o outono @s nosos alumn@s. |
BRAIS MOURE |
O venres 29 de marzo visitou as tres escolas do CRA, Brais Moure, o fillo do "Carballo con botas". Ensinounos unha maleta chea de elementos da natureza: paos, piñas, carrabouxos, variñas máxicas de teixo, sobreira e sons de paxaros. E contounos moitos contos, cantigas e música da natureza para aprender a coidar as nosas árbores. Tamén trouxo a súa Ciclobiblioteca, cargada de libros da natureza. No seguinte video podedes ver o ben que o pasamos. |
"AURORA" |
O 15 de febreiro fomos ao Auditorio de Ourense a ver a obra de teatro "Aurora" e visitar a exposición de Xaime Quessada ao Pazo de Villamarín. Mirade que debuxos fixeron os nosos alumn@s da súa saída.
|
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
Esta é a nosa pequena aportación para conmemorar o 25 DE NOVEMBRO
|
21 MARZO: DÍA DA POESÍA |
Este ano fomos celebrar o día da Poesía nos montes que temos arredor das nosas escolas.
Estas son algunhas das poesías que crearon os alumnos de 1º e 2º de primaria de San Cristovo.
|
UN MAR DE CONTOS |
Dende a bliblioteca estamos inmersos nun proxecto de Pesca, así que aproveitamos a ocasión para coñecer a maravilla de contos que hai sobre peixes, disfrutar das súas aventuras, aprender sobre sobre o tema, e o que é máis importante dos valores fundamentais da vida (respeto, amor, honestidade, compañerismo, responsabilidade...) El pez Arcoiris de Marcus Pfister danos unha preciosa lección de xenerosidade e permítenos cuestionar nunha sociedad que tanta importancia lle da a apariencia o verdadero valor desta. Leo Leonni conta a historia de Nadarín que tras varias desventuras aprende a non fuxir ante os problemas e axuda a unha bandada de peixiños pequenos coma él a non ter medo. |
O MONSTRUO DE CORES |
Esta semana (do 19 ao 23) tocou o conto do MONSTRUO DE CORES. Mirade que ben o pasaron |
¡COMO MOLA TU ESCOBA! |
Este mes de outubro na escola de San Cristovo, os nenos de Educación Primaria estiveron traballando o conto ¡Como mola tu escoba! Unha bruxa voa coa sua gata pero o vento arrancalle primeiro o gorro, logo o lazo e a vara. En cada ocasión, a bruxa aterriza para recoller o que lle cae e faise amiga dun can, dun loro e dunha rá. A todos lles mola a súa escoba e lle piden voar nela. A xenerosidade da bruxa vese recompensada cando un temible dragón está a punto de comela. Xenerosidade, empatía, amizade...valores que se traballaron no conto e actividades como debuxo libre, marionetas para contar o conto, marionetas de dedo, laberinto que axuda a bruxa a atopar cousas perdidas, descripcións de personaxes e sopa de letras. Aquí vos deixo unhas fotos para que o vexades.
|
LETRAS GALEGAS 2016 |
Actividades on-line do Seminario Galán Ademáis a Casa da Cultura e a Biblioteca Pública de Ribadavia organizan as seguintes actividades para celebrar as Letras Galegas na nosa vila O domingo 15 de maio as 17 h na Casa da Cultura estará Pablo Díaz, dentro do programa FALAREDES
E o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, as 12 h na Praza Maior estará Anxo Moure, dentro do programa Ler conta moito |
V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL |
Aquí están todas as postais presentadas para o concurso deste ano |
Quen é Blef? |
|
24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA |
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro 2019, os equipos de Biblioteca e Dinamización da lingua galega, sumámonos ás actividades propostas pola AELG (Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega) co lema DO XIX AO XXI: LIBRE O MEU PENSAMENTO! Adaptamos a proposta da AELG ao noso alumnado e este foi o resultado
Escola de San Cristovo Escola de San Paio Escola de Francelos Ademáis o alumnado da escola de San Paio fixo unha recitación |
SAMAÍN |
No Samaín a biblioteca escolar do noso CRA e os espacios lectores das escolas ambiéntanse para a ocasión, traballamos unha morea de contos con este motivo. Aquí vos deixo un resumo de fotos para que o disfrutedes. |
ANTÓN COMODÓN |
Antón foi un neno que cando era cativo facíanlle todo na casa, non facía falta que aprendera nada se non quería. Cando medrou, tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facerlle todo. Un día Nicolás pensou que xa tiña cartos suficietes para poder ir as Illas Verdes. Antón non sabía vivir sen axuda: nin vestirse, nin abotoarse os zapatos, nin tan sequera comer só a sopa! Así pois decidiu comezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos, cidades e lugares descoñecidos para él, como unha granxa e un porto. Durante a súa viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chegou as Illas Verdes e encontrou a Nicolás deuse conta que aprendera unha chea de cousas e que era capaz de valerse por sí mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir e botarlle unha man a Nicolás co seu carriño dos xeados como dous bos amigos. Un conto que fixo reflexionar aos nen@s sobre a importancia de facer eles as cousas. Aquí vos deixo algúns dos seus traballos.
|
PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES |
Estas son algunhas das lecturas que fixeron os alumnos de 1º e 2º de primaria aos máis pequenos do cole
A continuación tendes algúns videos da Asentada pola lectura feita na Praza Maior de Ribadavia
Por último, antes de empezar o bookcrossing no castelo de Ribadavia, Antonio, un pai dos nosos alumn@s deunos unha pequena explicación dos libros que había no castelo. |
CONCURSO DE POSTAIS 2017 |
No seguinte video podedes ver todas as postais que fixeron os/as nosos/as alumnos/as para participar no concurso deste ano |
LETRAS GALEGAS 2017 |
Programación da Semana Cultural das Letras Galegas
Actividades en liña do Seminario Galán PRIMAVERA DAS LETRAS |
LETRAS GALEGAS 2018: MARÍA VICTORIA MORENO |
O Día das Letras Galegas deste ano estará dedicado á escritora e profesora María Viictoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005). Aquí vos deixamos unhas actividades en rede do Seminario Galán para traballar a vida e obra da escritora.
A RAG Primavera das Letras fornece o profesorado de Infantil e Primaria, os pais e nais e o propio alumnado destas etapas de propostas didácticas e lúdicas arredor do universo vital e literario da homenaxeada. |
POSTAIS NADAL 2018 |
No seguinte vídeo podedes ver todas as postais de Nadal que fixeron @s nos@s alumn@s. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación. |
GUÍA NADAL 2016 |
Este ano a guía de recomendacións de Nadal fixémola en colaboración co CEIP de Castrelo de Miño. Foi todo un pracer traballar con eles.
|
ARTUR E CLEMENTINA |
Na escola de San Paio traballaron co conto de Artur e Clementina no Día Internacional contra a violencia de xénero. |
24 de OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS |
Este ano, para celebrar o Mes Internacional das Bibliotecas Escolares, sumámonos a proposta de Voz Natura de crear os nosos "Rincóns verdes". Nas seguintes fotos podedes ver que ben lle quedaron. Tamén traballamos o contro dos Tres bandidos, da editorial Kalandraka e fixemos os nosos propios bandidos.
|
A VENDIMA E A ARTE | |
8 MARZO 2016: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER |
Estes son algúns dos traballos que fixeron os nos@s alumnos para celebrar o día 8 de marzo: |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »