Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
TERMÓMETRO DAS EMOCIÓNS |
E falando de termómetros decidimos crear o das emocións, así cada un pode colocar cómo se sinte ó longo da xornada. Ista actividade axúdanos a expresar os nosos estados de ánimo, qué nos fai sentir ben ou mal, coñecer as emocións básicas e saber identificalas. Traballamos os conflictos a través do termómetro e así poden comprender cómo se sinte o compañeir@ segundo os comportamentos ou actuacións propias. termómetro das emocións de Vanesa Carballo Leal |
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O CRA AMENCER FALA CLARO. |
25 de novembro de Vanesa Carballo Leal |
LUDOCRA DA XOANIÑA ROSALÍA |
Este curso, dentro da biblioteca inclusiva, estreamos a LUDOCRA, unha ludoteca que a xoaniña mercou para nós. Está composta por unha selección de xogos para infantil, outros para primaria, que iremos rotando polas aulas das tres escolas e tamen por unha ludoteca familiar que quedará da biblioteca da Sede. A partir de agora, incluiremos como actividade unha mochila viaxeira de xogos, para que ademais de disfrutar na escola podamos levalos para á casa. Valoramos a importancia e os aprendizaxes educativos, cooperativos e en equipo que se aprenden a través do xogo. Deixamos un vídeo con algúns dos momentos vividos nas diferentes aulas este curso. ludocra da xoaniña rosalía de Vanesa Carballo Leal |
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA. |
No vídeo queda un pequeno resumo das actividades que fixemos: observamos, comprobamos, analizamos os resultados e establecemos unha hipótese do que lle pasaría despois de tinguir e conxelar os tesouros que atopamos na carballeira. Falamos dos estados da auga e das temperaturas do inverno, xa que é o centro de interese que estamos traballando. E falando de temperatura, descubrimos a Galileo Galilei que foi un gran descubridor, no so do telescopio, senon que antes descubriu o termoscopio. Experimentamos e cada un de nós construiu o seu propio termoscopio, que ainda que non mide a temperatura puidemos comprobar como cos cambios o líquido da botella sube ou baixa pola palliña. Un gran descubrimento! Diseño de Vanesa Carballo Leal |
SEMANA DA PRENSA ESCOLAR |
Co gallo da semana da prensa escolar, dende a biblioteca coordinamos en colaboración co EDNL, un novo suplemento do noso xornal A voz do Cra, sobre María Casares, artriz galega da República, que coñecemos e investigamos sobre a súa vida e obra relacionamos co 8 de marzo Día internacional da Muller e o noso proxecto integrado do cine. O producto final queda recollido tanto en formato dixital como impreso que será catalogado como material de elaboración propia. Esperamos que vos guste xa que o alumnado de primaria adicou moito esforzo e conseguiu un resultado espectacular! Noraboa.
Ademais nas aulas de infantil fixemos este libriño para levar para casa. |
SEGUIMOS PLANTANDO ÁRBORES, ESTA VEZ COA AXUDA DAS FAMILIAS! |
PREME AQUÍ PARA VER AS IMAXES. |
BO NADAL ! |
|
CESTA VIAXEIRA: CONTOS DE SAMAÍN |
a cesta viaxeira: conto para o samaín de Vanesa Carballo Leal |
OS NOSOS CONTOS |
|
ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O 8 DE MARZO. |
Para celebrar o Día da muller, como non podía ser doutro xeito, fixemos uns óscars de cine para agasallar a esas mulleres valentes e fortes que temos ao noso arredor. Cada nen@ elexiu a quén lle quería dar ese premio. Deixamos este pequeno video para que vexades o bonitiñas que nos quedaron.
E así de bonitas quedaron os oscars para agasallar as mulleres da escola de San Cristovo. Tamén elaboramos con material de refugallo un adorno moi especial que levamos polos establecementos da vila para agasallar a tódalas mulleres que coidan das súas tendas, negocios e establecementos para que saiban que valoramos todo o seu esforzo e traballo. Aprendemos facendo e poñemos a nosa aprendizaxe ao servizo da comunidade que nos rodea.
|
CONVIVENCIA POLAS LETRAS GALEGAS |
Co gallo das Letras Galegas fixemos unha xornada de CONVIVENCIA, despois de dous anos sen poder xuntarnos. Organizamos a primeira parte da xornada en talleres: Os contos da profe Rebeca na bilioteca; taller de plastilina conductora na aula de infantil e taller de teatro na aula de primaria. Logo saimos a merendar á carballeira e para rematar a xornada SABELA GAGO, veu a contarnos un dos seus contos marabillosos que tanto nos gustan e o ben que o pasamos con ela sempre! |
CURSO DE FORMACIÓN. BIBLIOTECA CREATIVA NO CRA. |
Participamos nun curso de formación da man do CFR de Ourense. Con este curso, Loli, ensinounos a traballar coa plastilina conductora e outros experimentos moi interesantes para levar a cabo nas aulas de infantil e primaria. Grazas Loli por vir a bibliocra da Xoaniña Rosalía. Deixamos un vídeo no que plasmamos algunhas das actividades que fixemos. biblioteca creativa de Vanesa Carballo Leal pincha para ver A XOANIÑA CON LUCES. |
CONTO POLO DÍA DA FAMILIA: " TEÑO DUAS CASAS" |
CONTO: " TEÑO DUAS CASAS" de Vanesa Carballo Leal |
CONTO POLO DÍA DA FAMILIA: " TEÑO DUAS CASAS" |
CONTO: " TEÑO DUAS CASAS" de Vanesa Carballo Leal |
CONTO POLO DÍA DA FAMILIA: " TEÑO DUAS CASAS" |
CONTO: " TEÑO DUAS CASAS" de Vanesa Carballo Leal |
Conto pola paz: A biblioteca de Basora. | |
SELECCIÓN DE NOVIDADES EN GALEGO POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. |
FONDOS EN GALEGO (Post de Facebook (Horizontal)) de Vanesa Carballo Leal |
SEMANA DA PRENSA ESCOLAR |
POLA SEMANA DA PRENSA OBSERVAMOS E ANALIZAMOS DIFERENTES TIPOS DE XORNAIS. FALAMOS DAS NOTICIAS, DE QUÉN AS ESCRIBE E ONDE SE IMPRIMEN OS XORNAIS. LOGO DE VARIAS ACTIVIDADES DECIDIMOS CREAR COAS FOLLAS PARA RECICLALAS UNS GORROS TIPO COCO CHANEL PERO PRIMEIRO INVESIGAMOS CÓMO OS PODÍAMOS FACER. NOS SEGUINTES VÍDEOS RECOLLEMOS A MODO DE RESUMO AS ACTIVIDADES. SEMANA DA PRENSA ESCOLAR de Vanesa Carballo Leal E AQUÍ OS DISEÑOS DA ESCOLA DE SAN PAIO. GORROS CON XORNAL RECICLADO. GORROS COCO CHANEL. de Vanesa Carballo Leal NA ESCOLA DE FRANCELOS: SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA DE FRANCELOS de Vanesa Carballo Leal E TAMEN NA ESCOLA DE SAN CRISTOVO LUCIRON OS GORROS COCO CHANEL Diseño de Vanesa Carballo Leal |
DÍA DO AMOR E DA AMIZADE. |
Na escola somos un gran equipo non so polo traballo que facemos senon tamen porque non coidamos, nos axudamos e nos queremos moito. Por iso despois de contar o conto " Amigos", fixemos unhas caixiñas con material reciclado, gardamos dentro algo importante para nós, decorámolas con elementos naturais e eleximos a un ami@ para agasallal@ e decirlle o moito co queremos cunha aperta ben grande! Ogallá estes vínculos duren para sempre! Diseño de Vanesa Carballo Leal |
POESÍA: O DRAGÓN DOURADO |
Dentro do tema dos dragóns escribimos unha poesía que o alumnado aprendeu e recitou as súas familias.
|
VISÍTANOS JOSÉ MANUEL PRADO ! |
Neste día tan especial, recibimos a visita de José Manuel Prada, ex paralímpico de boccia. Queremos agradecer a José Manuel a súa emoción, ledicia e aprendizaxes que nos transmitiu. O noso alumnado tamén emocionado de recibirte non te vai esquecer. Grazas José Manuel por ensinarnos que todo con esforzo é posible! VISITA DO EX PARALIMPICO DE BOCCIA JOSÉ MANUEL PRADA(800 x 800 px) de Vanesa Carballo Leal |
" Porque te quero moito" |
|
SELECCIÓN DENDE A BIBLIO PARA CONMEMORAR O DÍA DA AUGA |
NA ESCOLA DE FRANCELOS LERON O CONTO " A BILLA DE XOÁN " E FIXERON UN MURAL BEN BONITO! DÍA DA AUGA ESCOLA DE FRANCELOS de Vanesa Carballo Leal |
" A LENDA DA PRANTA MÁXICA". UN CONTO CON INTELIXENCIA ARTIFICIAL. |
Como agradecemento a tódalas familias decidimos crear un conto a partir do Chat GPT e convidámolos a vir a carballeira de San Paio pola tarde para disfrutar todos xuntos deste conto. Nerea e Martí, os nosos alumnos en prácticas da Fundación Princesa Girona prepararon o conto e adaptárono para contalo no kamishibai. Foi unha tarde moi fermosa no que os cativos o pasaron en grande convivindo toda a comunidade educativa nun clima de afecto, diversión e aprendizaxe. Estamos orgullosas desta actividade e da boa acollida que tivo desexando plantexar máis coma ista que fomenta o gusto pola lectura e o disfrute da nosa biblioteca. Grazas a profe Raquel de San Cristovo pola súa axuda, colaboración e por ceder o seu tempo libre á mellorar as actividades da biblioteca. A PRANTA MÁXICA. ACTIVIDADES. de Vanesa Carballo Leal |
AGASALLO PARA AS FAMILIAS |
AGASALLO DE ALFARERÍA PARA AS NOSAS FAMILIAS! de Vanesa Carballo Leal |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »